CONVIVENCIA FIN DE CURSO

Despois dun ano cargado de clases, estudo e exames, así é como o noso centro despediu o curso 2011-2012.

ACTO DE CLAUSURA CURSO 2011-2012

O pasado venres 15 de xuño, tivo lugar o acto de clausura da EFA A Cancela no salon de actos do Concello das Neves.

Máis información →

CHARLA DUNHA EMPRENDEDORA

O 8 de maio Ana González, exalumna e xerente de Axespa en As Neves, contoulles ó noso alumnado a súa experiencia como empresaria.

Máis información →

TAPONES PARA AITANA

Como sabedes, o noso centro, coa colaboración de todos os alumnos e profesores, estivo a enviar tapóns para Aitana. Aitana é unha nena que necesitaba viaxar e custear unha operación de corazón en Boston (o único sitio especialista que trata con éxito o tipo de cardiopatía de Aitana). Aitana xa viaxou e ya foi operada, así que hoxe queremos compartir con todos vós tanto o blog como a nova fundación que xurdiu grazas á axuda e colaboración de todos: UNA SONRISA PARA AITANA

FUNDACIÓN SEUR: UNA SONRISA PARA AITANA

BLOG: UNA SONRISA PARA AITANA

A CANCELA DESTINO: BARCELONA

A Escola visitou Barcelona co seu xa tradicional viaxe de estudios que se enmarca dentro das actividades formativas complementarias.

Nesta viaxe as dúas ramas tanto de PASTELERÍA como de ADMINISTRACIÓN visitaron recoñecidas empresas de distintos sectores ademais de coñecer os centros turísticos máis importantes de Barcelona.

XXI Edición da Feira do Requeixo e do Mel.

Un ano máis a EFA A CAncela participou nas actividades dunha das principais citas gastronómicas da nosa provincia. “A Feira do Requeixo e do Mel” de As Neves. O noso centro educativo participou da seguinte maneira:

 

  • Venres 6 abril: Stand informativo e demonstracións con chocolate.
  • Martes 3 abril: Mesa redonda co título: “Cooperativismo e Emprego no Entorno Rural” con a participación de Carmen Señoráns Barreiro, membro da Xunta Directiva da Federación de E.F.A.S. de Galicia.                          Mais información →

Encontro Antigas Alumnas

O sábado, 10 de marzo, máis de medio centenar de exalumnas encontráronse nas instalacións do centro, tanto dos distintos ciclos formativos coma da antiga formación profesional.

O centro con este encontro tiña, entre outros, dous obxectivos:

  • Informar das actividades, cursos e iniciativas que se están a levar a cabo por parte do colexio e,
  • Actualizar datos informativos de interese, por exemplo a situación laboral en que se encontran actualmente.

Referente ao último punto, a pesar da crise, a EFA ten un interese especial na actualización e movemento da súa BOLSA DE TRABALLO e inserción laboral do seu alumnado.

A EFA quere ser un punto de referencia de animación e de encontro para as antigas alumnas xa que son as protagonistas, por iso tamén se recollereron por escrito unha serie de temas formativos que se lles poidan ofrecer dende a escola, por exemplo temas laborais, temas de orientación familiar e outros (curso de manipulador, informática…).

Por suposto tamén, foi de gran interese o reencontro; contando anécdotas pasadas e historias moi emocionantes, para rematar cunha pequena degustación elaborada polo Ciclo medio de Panadería, Repostería e Confitería.

COCIÑA EN VIVO NA ESCOLA A CANCELA.

O próximo día 19 de xaneiro terá lugar na escola de formación Profesional EFA A CANCELA en Ás Neves un curso destinado a amantes da cociña .En esta ocasión o tema escollido para o monográfico práctico é SNACKS e APERITIVOS.

Este curso está enmarcado no programa A CANCELA COCIÑA CONTIGO que se imparte na escola dende outubro con gran éxito e acollida.

Podemos adiantar que as elaboracions consistirán nuns aperitivos, lixeiros, divertidos, creativos e vistosos para comezar ben unha boa comida. As elaboracions realizadas
poderanllas/llelas levar á casa e a indumentaria necesaria para o curso práctico ofrecémosllo/llelo na escola.

Para máis información poden contactar connosco na seguinte dirección de correo electrónico efaacancela@gmail.com

Ciclo Medio de Panadería, Pastelería e Confitería visita o Forum Gastronómico de Santiago, onde poideron ver as novas tendencias gastronómicas de os chefs do noso país.                                                                         Máis información →
Ciclo Medio de Xestión e PCPI visitan Santiago de Compostela
Os nosos alumnos visitaron a empresa Tórculo Artes Gráficas e as cubertas da Catedral de Santiago.

CHARLA GDR CONDADO-PARADANTA NA CANCELA. charla coloquio acerca da actividade que desenvolve o Grupo de Desnvolvemento Rural Condado-Paradanta na xestión de axudas europeas para o desenvolvemento das zonas rurais, por medio do aproveitamento dos seus recursos.
ENTROIDO NA CANCELA
Xa podedes ver as fotos do noso entroido. Estivo repleto de risas, disfraces e orellas. O pasamos requeteben!!!

Xóvenes francesas interésanse polo modelo formativo da EFA A Cancela

Catro alumnas: Elsa, Nadege, Pascale e  Camilla que cursan o último ano da especialidade “Técnico Superior de Xestión de servizo socio-sanitario” na Maison Rural de Moirans, Grenoble (localidade moi próxima a Lyon), elixiron o Centro de Formación Profesional A Cancela para realizar un stage de técnicas profesionais en España.

Propóñense obter experiencia asociada ao proxecto educativo das EFAS, particularmente en todo o relativo a: metodoloxía, plans de innovación, participación das empresas e entidades locais na formación profesional dos alumnos, o protagonismo dos antigos alumnos no desenvolvemento local, o nivel de incorporación ao mundo laboral e a implicación da familia. Estes, e outros ámbitos, centraron o seu interese de cara á elaboración do seu proxecto de fin de estudos antes de entrar na universidade.

Con este fin, o equipo docente de A Cancela, preparoulle un programa de acollida durante catro días (do 7 ao 10 de novembro) cheo de traballo e encontros con diferentes representantes do termo municipal de As Neves e zona de influencia de A Cancela.

A estanza das catro novas estudantes comezou o primeiro día cunha recepción no Concello de Ás Neves sendo recibidas polo alcalde Emilio Castro e por Mª del Carmen Gil, así como pola presidenta da Asocación “Amigos da Loira-Atlántic”. Este primeiro día continuou cunha longa sesión de traballo co fin de situarse e intercambiar coñecementos acerca dos sistemas da Formación Profesional en España e Francia. Rematou a xornada cun encontro con grupos de alumnos de A Cancela.

Completaron a estanza os seguintes días con visitas de estudio a:

  • Adega de Rubiós

    Cooperativa do Requeixo de Ás Neves

  • Adega de Rubiós (Ás Neves)
  • Centro de día (Ás Neves)
  • Pycflorga (Tomiño)
  • Federación de EFAS de Galicia (Santiago de Compostela)

Finalmente, significar as mostras de agradecemento pola acollida, destacando o trato recibido tanto por parte do equipo docente, coma do alumnado e das persoas que as atenderon durante a súa estanza aquí, empezando polo Concello de Ás Neves e a Asociación de “Amigos da Loira-Atlántic” como de todas as demais visitas.

Pycflorga
Concello de As Neves
Concello de As Neves

PROTOCOLO NA MESA

Dentro do noso plan de educación e formación en valores, e correspondendo co valor traballado no noso centro este mes de outubro, o pasado día 6 tivo lugar unha sesión formativa de protocolo na mesa.

Tratáronse diversos puntos orientados ao traballo na empresa: temas de conversación en comidas de negocios, colocación dos convidados, como abordar o momento da conta, … etc. Pautas para saber estar e saír airoso dunha comida de traballo.

Á súa vez, exemplificouse o xeito correcto de vestir e colocar unha mesa, os tipos de copas e orde, vaixela,… todo o necesario para coñecer o protocolo e ser tanto perfecto anfitrión como perfecto convidado.

Á sesión acudiron todos os alumnos e alumnas do centro, cualificando a sesión, ao seu remato, como positiva, útil e interesante.

Feira Do Requeixo e Mel

Co  motivo da XX  FERIA DO REQUEIXO E MEL,   NAS   NEVES,  o día  22 de abril de 2011 estará  EFA  A CANCELA,  estivo nun stand promocionando  o  centro.
Elaboráronse  pezas de chocolate  co máis delicioso chocolate e  doces.

Aqí vos deixo o que foi o monográfico, unha actividade máis das moitas que realizamos.

MONOGRAFICO PRÁCTICO:

Ante o requerimento do concello no que solicita a posibilidade  de empregar  instalacions da Asociación EFA A CANCELA os medios personaies e materiaies con que conta para a impartición do monográfico práctico do requeixo  e mel  dentro dos actos  da Festa do Requeixo e Mel  “ XX  XORNADA FESTA    faise a  seguinte proposta :
Para organizar esta xornada o día 18 de ABRIL a as 17´30 h, unhas xornadas dirixidas   a tódalas persoas interesadas  no arte da boa cociña, deste Concello  de As Neves .Condado –  Paradanta, co obxectivo de dar a coñecer o  Requeixo  das Neves, producto estrela da gastronomia desta zoa, tan rica en calidade  de productos, viños, mel, lamprea, millo… polo que a nosa aposta neste curso  non  e outra que maridar o requeixo con todos eles, asegurando uns bocados, orixinais, agradecidos, e cheos de cor a viño de Rubiós, que contrasta coa acidez do requeixo que nace da mellor leite destes paraxes.

O curso será  impartido por  ESTHER  JUAN SALVADORES
Entregaranse un  material fotocopiable  das recetas elaboradas.
Na degustación se presentará  unha variedade  platos un menú completo  con requeixo.
Os participantes, donde poderan degustar os  platos elaborados.

ALTA COLOCACIÓN NA EMPRESA

O alumnado que cursou o curso 2010-11 Ciclo Superior de Administración e finanzas no noso centro empregouse  nas empresas onde fixeron práticas nunha porcentaxe cercana ó 70%.  Este alumnado está desempeñando o seu traballo no departamento de administración e contable nas empresas ubicadas na zona. (Tui, Tomiño, Porriño, Ponteareas…)

A FCT(Prácticas) do Ciclo Superior de Administración e finanzas son 380 Horas, onde o alumnado pode demostrar as súas capacidades técnicas e persoais na empresa. É un bo sistema de empregabilidade.

Azucre transformado en arte polo mestre Barsé

recorteAquí vos deixamos un recorte do Faro de Vigo, onde o maestro europeo Gerard
Barsé deu unha clase maxistral da artesanía da decoración don caramelo no noso
centro.

  • LUNES 28 DE NOVIEMBRE
  • CURSO DE COCINA.

    O luns 28 de novembro tivo lugar na escola un curso de cociña navideña que contou con 15 participantes .Este curso foi impartido por Esther Juan y Fátima Estévez profesoras técnicas do centro.

    As elaboracions realizadas consistiron nun tronco de Nadal de trufa, unha Mousse de turrón con toffe e un centro Navideño de talla de froitas realizado por Mª Paz Méndez que puxo o broche final a unha tarde entre fogons que gozamos tanto asistentes como profesorado.

    7  DICIEMBRE. CURSO CATA DE CHOCOLATES

    CURSO VALRHONA.

    O pasado 7 de decembro os alumnos de pastelaría participaron nun curso de iniciación á cata de chocolates, o devandito curso foi impartido por Daniel Hughes de Valrhona España .

    Tanto para o alumnado coma para o profesorado é de vital importancia na nosa formación profesional ter un coñecemento tan exhaustivo desta materia prima tan excelente e básica para o noso oficio. Ademais de coñecer a orixe e ubicación realizamos un percorrido virtual do proceso de fabricación destes chocolates que se enmarcan entre os mellores do mundo.

    VENRES 2 DECEMBRO

    TALLER OBRADOIRO COLEXIO INMACULADA.

    Un total de 50 nenos de infantil participaron neste taller Obrador..

    DOMINGO 27 NOVEMBRO

    CONCURSO DE TORTAS

    Como un ano máis o profesorado do Ciclo de Pastelaría participará no concurso de tortas que se organiza na parroquia de Santiago de Oliveira (Ponteareas), que vén sendo un clásico que, a pesar de non ser de carácter profesional, achega ao evento un amplo número de participantes.

    • 22 DE NOVEMBRO

    CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS.

    O pasado 22 de novembro como todos os meses se realizou na nosa escola o curso de Manipulador de Alimentos que impartiu Maripaz, a profesora de Seguridade e Hixiene, destacamos o labor constante neste campo que a EFA vén realizando dende que se imparte o ciclo de Panadaría Pastelaría e Repostaría, que cobre unha necesidade na zona para todas aqueles profesionais dedicados ao sector da alimentación ou hostalaría.

    Destaco este curso en concreto polo grande número de asistentes que participaron.

    TALLER OBRADOIRO COLEXIO FERMÍN BOUZA BREI.

    O taller consistirá na elaboración de pan, pizzas,etc no obradoiro, a visita ao muíño de auga de Louros, a proxección do video sobre muíños de Pontevedra e unha pequena clase teórica sobre a cultura do pan que impartirá a profesora de materias primas da escola.

    • 18 NOVEMBRO.

    DEMO GASTRONÓMICA

    Dende hai dous anos dende a escola estamos a colaborar con distribuidores de márcala Guggenau, Siemens.. nun traballo de probas dos electrodomésticos de última xeración que se lanzaron ao mercado pero que aínda se descoñece moi ben a amplitude de posibilidades que ofrecen.

    O pasado venres as profesoras técnicas do ciclo de pastelaría realizaron un Show Cooking no estudio de cociñas Alipa de Tui, as elaboraciones que se realizaron foron sinxelas pero moi innovadoras posto que se lle deron uso a técnicas como cocción a baixa temperatura, confeitado, etc. Desta forma conseguimos achegar a tecnoloxía da alta gastronomía ao uso doméstico.

    • 11 DE NOVEMBRO

    CATERING EN SANTIAGO

    O pasado día 11 de novembro, a Federación de EFAS de Galicia clausurou en santiago un congreso enmarcado nun proxecto europeo.

    Para aderezar o evento o curso de pastelaría organizou o coffe break e o xantar buffet.

    Podemos dicir que resultou unha práctica real para o alumnado que viviu a experiencia con moito empeño e con muchísima profesionalidade e o resultado foi moi positivo.

    CHARLA DUNHA EMPRENDEDORA

    O 8 de maio Ana González, exalumna e xerente de Axespa en As Neves,  contoulles ó alumnado do segundo curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e do Ciclo Medio de P. Repostería e Confitería a súa experiencia como empresaria. Tratou temas diversos: o estudo do medio como fonte de ideas, a busca de clientes, a financiación e posta en marcha. É importante poñer en valor o medio rural e o aproveitamento dos recursos existentes coma unha forma de crear o propio emprego e fixar poboación. Esta actividade se enmarca dentro do  programa europeo de innovación Opile que o centro está desenvolvendo con este grupo de alumnado.

    Visita á Plataforma Loxística do Corte Inglés en Porriño

    O alumnado do primeiro curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas visitaron a Plataforma Loxística do Almacén do Corte Inglés en O Porriño, o venres 11 de maio.

    Foi unha visita guiada polo xefe do almacén. Explicounos o funcionamento, organización e utilidade do mesmo.

    Os alumnos estiveron moi participativos e atentos, facendo moitas preguntas. A visita é complementaria dos módulos que teñen nos respectivos Ciclos, neste caso para Compravenda e para Aprovisionament.

    Ciclos de Administración en Barcelona

    Un grupo de alumnado do centro, da rama de Administración, participou na viaxe organizada polo centro a Barcelona os días 26, 27, 28 e 29 de marzo. Esta visita de estudos ten como obxectivo complementar as actividades educativas do Centro e deben ampliar e incentivar o interese dos estudiantes nas unidades de estudo que se perseguen.

    A hora de programar esta visita, tívose en conta os intereses dos alumnos, de maneira que se seleccionaron unhas determinadas empresas para obter maior proveito e beneficio neste tipo de actividade.

    A saída tivo lugar dende o centro o domingo 25 ás 12 da noite; a viaxe fíxose maioritariamente de noite, aproveitouse para facer unha parada dunhas horas en Zaragoza para coñecer a cidade.

    Martes día 27

    A primeira hora foise a RTVE SANT CUGAT, onde nos amosaron as instalacións en xeral, os distintos estudos de gravación como por exemplo: os Lunis, o concurso “Saber y Ganar”.. .. , sala de maquillaxe. Foi unha visita moi contundente cunha duración de dúas horas e o alumnado gustoulle moito.

    Despois, nesa mesma mañá, fomos  a BOLSA. A explicación realizouse nas propias instalacións cos paneis informativo do mercado bursátil. A exposición por parte da persoa encargada foi excelente, con explicacións claras e concisas moi apropiadas para o alumnado para entender perfectamente o mercado de valores.

    Para rematar o día, pola tarde, fíxose un percorrido por Barcelona en autobús onde se coñeceron os monumentos e lugares máis emblemáticos da cidade como Montjuic, Parque Güell e Sagrada Familia.

    MÉRCORES DÍA 28:

    Comezamos o día visitando a multinacional empresa textil MANGO. A visita durou dúas horas percorrendo o pavillón loxístico e o outro de deseño, incluíndo aquí tamén os departamentos de administración e de recursos humanos.

    A visita foi completa, ben organizada e o máis importante o alumnado estaba moi interesado tanto no que estaba vendo coma nos datos facilitados da empresa.

    Durante a tarde estivemos tamén na prestixiosa empresa productora e envasadora de cava: CODORNIU. Aquí fíxose unha exposición comezando pola historia das fincas e familia para ubicarnos nas súas orixes, pasando logo pola evolución técnica a través dos anos do envasado do cava ata os tempos actuais. Recorremos toda a bodega, espacio museo, exposición e venda de produtos actuais…

    XOVES DÍA 29:

    Non se puido realizar ningunha visita debido a folga xeral, polo tanto neste mesmo día o mediodía regresamos.

    Como se pode observar visitamos empresas que pertencen a sectores distintos e relevantes na economía da Comunidade Autónoma catalana e do Estado. A viaxe en xeral foi moi interesante para completar e ampliar as actividades de aprendizaxe. É importante tamén sinalar que a convivencia e o comportamento do alumnado foi impecable, por iso o centro quere darlle os parabéns.

    Ver máis fotos →

    Charla preparatoria para a Formación en Centros de Traballo (FCT)

    De cara a ese primeiro encontro que o alumnado, unha vez finalizado a aprendizaxe do Ciclo no Centro educativo, vai experimentar no centro de traballo, programouse unha sesión de formación o día 20 de marzo, aberta a pais e alumnas. “Como acudir por primeira vez a un centro de traballo e qué actitudes ter nel, así como de cara a realizar unha entrevista de traballo, Dª Mónica Caso falou sobre estes temas tan importantes nestes momentos.

    Charla formativo día 23 de marzo

    Este día impartiuse unha sesión de formación sobre métodos naturais de fertilidade. Estivo moi concorrida e interesante xa que se tratou un tema que interesaba ao noso alumnado. A charla correu a cargo dunha doutora médico de familia do ambulatorio da dobrada (Vigo).

    Conferencia: Lexislación Laboral e contable na creación de empresas. A Nova Reforma Laboral.

    O xoves 8 de marzo tivo lugar nas instalacións da escola esta actividade para o 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. Un asesor laboral da empresa Área Global (D. Fermín Davila) de Ponteareas explicou de forma práctica os diferentes aspectos a ter en conta na creación de empresas e as novedades que incorpora a reforma laboral desenvolvida polo Goberno.

    CHARLA GDR CONDADO-PARADANTA

    O pasado 14 de febreiro tivemos na EFA unha charla coloquio acerca da actividade que desenvolve o Grupo de Desnvolvemento Rural Condado-Paradanta na xestión de axudas europeas para o desenvolvemento das zonas rurais, por medio do aproveitamento dos seus recursos. A idea e que os propios habitantes desenvolvan o seu medio.

    A actividade foi para o alumnado do Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confitería e para o Ciclo Superior de Administración e Finanzas dado que están elaborando un proxecto de creación de empresas e ademáis están participando nun proxecto europeo de desenvolvemento de zonas rurais denominado Proxecto Opile e no que a EFA xunto con outros centros de España están participando.

    Visita a TÓRCULO ARTES gráficas, S.A.

    O luns 27 de febreiro, 1º curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e PCPI foron a visitar a empresa Tórculo Artes gráficas, S.A., empresa situada en Santiago (polígono do Tambre) que ofrece servizos de cartelería, impresión, editorial e artes gráficas. É unha empresa que ten máis de 25 anos de experiencia no mundo gráfico, conta polo tanto cunha gran experiencia no mundo das artes gráficas.

    Mostráronnos toda a empresa, dende a zona administrativas ata a zona de deseño; para logo rematar na zona de producción. Explicáronnos a función de todas as máquinas e o seu proceso. O que máis chamou atención foi a encuadernación de libros.

    Neste mesmo día, aproveitouse para visitar as cubertas da Catedral de Santiago. Foi unha visita guiada, onde se poido apreciar as vistas incomparables e maravillosas da cidade.

    Aceites ABRIL

    As alumnas do primeiro e segundo curso de Ciclo Superior de Administración e Finanzas visitaron a empresa Aceites Abril, en Orense, o día 1 de Febreiro. Elas mesmas nos contan as súas impresións.

    “Recíbenos a responsable do departamento de calidade, e en primeiro lugar recoméndanos que poñamos unha bata e un gorro por hixiene e precaución. Ademais, tamén tivemos que quitar os pendentes, piercings. … etc.

    Explícanos bastantes cousas relacionadas co desenvolvemento da empresa e novos obxectivos, como podería ser a obtención de olivas para a produción do aceite con plantacións propias, porque de momento todo o produto o traen de Andalucía. Explícanos así mesmo as distintas variedades de aceites, tanto de xirasol, soia, oliva nas súas distintas producións e variedade, picual….. con máis acidez ou menos, a que é debido. … etc. Tamén aprendemos que actualmente a empresa exporta aceites a uns 38 países dende China ata Irlanda, América,… etc. O tema da xestión de residuos, os aceites ecolóxicos,… foron temas que saíron no transcurso da visita. A continuación leváronnos a facer un percorrido pola fábrica para ver in situ todo o proceso de produción dende o embotellado ata o encartonado e as tarefas intermedias.

    Ao final regaláronnos unha botella de aceite de oliva virxe marca ABRIL que degustariamos na casa cada un de nós..

    Visita satisfactoria no seu conxunto, se é posible repetiremos “.

    Aguas de Mondariz

    Aguas de Mondariz é unha empresa constituída no ano 1873 cando Enrique Peinador Vela e a súa familia obtiveron a Declaración de utilidade pública da Agua. A planta de envasado está dirixida por unha sociedade limitada que pertence ao grupo Vichy Catalá.

    A sua auga procede de dous manantiais, o primeiro, en Mondariz-Balneario, do que envasan a “Agua de Mondariz” e o segundo situado á beira do río Tea onde se atopa a planta de envasado e está a Agua “Fuente do Val”. Trátase dunha Agua mineromedicinal á que non se pode engadir ningunha clase de aditivo (cloro, sales,…). O proceso ao que se somete a auga é o filtrado.

    O que a diferenza doutras empresas do mesmo sector é que poden eles mesmos fabricar os envases, garrafas, botellas,… . (mesmo as vender a outras empresas). A partir dun material chamado “pet”. O pet é sometido a un proceso de quentamento, liquado e obtéñense as preformas. Estas preformas pasan a un máquina de quentamento e moldeado chegando así ao envase coa forma final.

    Aguas de Mondariz é unha empresa que coopera co medio a través do pagamento dunha taxa ambiental denominada “punto verde”.

    Ten un seguimento estrito de calidade do produto; dende a fabricación do embase ata o embotellamento. Despois do empaquetado, as botellas de “Agua de Mondariz” e “Fuente do Val” son exportadas a 35 países da Unión Europea e fóra desta.

    C.S.I. e C.M. de Xestión I visita o Porto de Vigo

    O pasado 20 de decembro fixemos unha visita global do porto de Vigo. Primeiro visitamos o porto pesqueiro e a lonxa (xa non había peixe, para iso tíñamos que estar alí moi cedo). Pero, o que sí había en abundancia era peixe espada xa que estamos na tempada. Había moito e estaba clasificado polo peso. Despis tamén asistimos a alguna subasta de peixe que quedaba donde pidemos comprobar como vai o proceso empezando con un precio alto e pouco a pouco vaise baixando. A continuación subimos no autobús e a guía foinos explicando un pouco o que íamos visitar. Diriximonos a zona de Bouzas, donde está a carga e descarga dos barcos, alí comprobamos como estaban todos os coches de Citroen, toda a loxística que se encarga os camións de Gefco que traballa basicamente para Citroen. O sistema que teñen de almanenase, destacando unha construcción metálica que se chama silos, que son como unha especie de garaxe para os coches en vertical. Por último fomos a zona comercial de Guixar, donde están os contenedores cheos de todo tipo de mercancías excepto animais vivos. Explicaronos o sistema que tiñan para introducir os contenedores nos barcos con grandes grúas. Tamén alí estaban as pedras grandes, como a rosa de O Porriño, que se exportan fora. As nosas alumnas valoraron esta visita como moi boa e de moito interese.

    CELEBRAMOS O DIA DA CONSTITUCION NO CONCELLO DAS ÁS NEVES

    Con motivo da proximidade da celebración do día da Constitución e unido tamén a unha visita de estudios, as alumnas de A Cancela de PCPI e de C.S
    de Finanzas II visitaron o día 1 de decembro o Concello de Ás Neves onde o Sr. Alcalde D. R. Emilio Castro recibiunas no salón de plenos do concello e respondeu ás preguntas que lle fixo o alumnado acerca da xestión en xeral dos concellos, materia que corresponde a algún dos módulos do curriculum.

    Tamén, como non, fixo referencia á celebración do día da Constitución
    que este ano cumpre o seu 33er aniversario.

    PCPI Visita Correos

    O día 24 de novembro os alumnos do PCPI, acompañados por dúas profesoras do centro, visitaron a oficina de correos de As Neves.

    Un empregado de correos recibiunos e explicounos o funcionamento de correos, que é o que fan dende que chega a mercanciá, a súa clasificación e a distribución. Despois viron un video que lles explicaba o traballo de correos.

    Visita al Parlamento de Galicia

    O pasado mércores 2 de novembro os/ás alumnas de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e PCPI, realizaron u
    Foi unha visita guiada onde se lles explicou a historia do edificio onde se atopa o Parlamento: incluíndo todas as reformas dende que era a facultade de veterinaria ata a actualidade.nha visita de estudios ao Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela.

    Posteriormente visionaron un video sobre a estrutura e funcións do Parlamento. Os alumnos/ás da EFA A Cancela tiveron a oportunidade de asistir a un pleno e así poder presenciar o funcionamento dunha sesión do Parlamento in situ.

    Pola tarde, e despois de que se uniran o grupo as alumnas de Panadería e Confeitaría, visitamos a “Queixaría Vare

    la” en Melide. Alí, explicáronnos paso a paso todo o proceso de elaboracíón dos queixos e tetilla con denominación de orixe Arzúa-Ulloa.

  • LUNES 28 DE NOVIEMBRE
  • CURSO DE COCINA.

    O luns 28 de novembro tivo lugar na escola un curso de cociña navideña que contou con 15 participantes .Este curso foi impartido por Esther Juan y Fátima Estévez profesoras técnicas do centro.

    As elaboracions realizadas consistiron nun tronco de Nadal de trufa, unha Mousse de turrón con toffe e un centro Navideño de talla de froitas realizado por Mª Paz Méndez que puxo o broche final a unha tarde entre fogons que gozamos tanto asistentes como profesorado.

    7  DICIEMBRE. CURSO CATA DE CHOCOLATES

    CURSO VALRHONA.

    O pasado 7 de decembro os alumnos de pastelaría participaron nun curso de iniciación á cata de chocolates, o devandito curso foi impartido por Daniel Hughes de Valrhona España .

    Tanto para o alumnado coma para o profesorado é de vital importancia na nosa formación profesional ter un coñecemento tan exhaustivo desta materia prima tan excelente e básica para o noso oficio. Ademais de coñecer a orixe e ubicación realizamos un percorrido virtual do proceso de fabricación destes chocolates que se enmarcan entre os mellores do mundo.

    VENRES 2 DECEMBRO

    TALLER OBRADOIRO COLEXIO INMACULADA.

    Un total de 50 nenos de infantil participaron neste taller Obrador..

    DOMINGO 27 NOVEMBRO

    CONCURSO DE TORTAS

    Como un ano máis o profesorado do Ciclo de Pastelaría participará no concurso de tortas que se organiza na parroquia de Santiago de Oliveira (Ponteareas), que vén sendo un clásico que, a pesar de non ser de carácter profesional, achega ao evento un amplo número de participantes.

    • 22 DE NOVEMBRO

    CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS.

    O pasado 22 de novembro como todos os meses se realizou na nosa escola o curso de Manipulador de Alimentos que impartiu Maripaz, a profesora de Seguridade e Hixiene, destacamos o labor constante neste campo que a EFA vén realizando dende que se imparte o ciclo de Panadaría Pastelaría e Repostaría, que cobre unha necesidade na zona para todas aqueles profesionais dedicados ao sector da alimentación ou hostalaría.

    Destaco este curso en concreto polo grande número de asistentes que participaron.

    TALLER OBRADOIRO COLEXIO FERMÍN BOUZA BREI.

    O taller consistirá na elaboración de pan, pizzas,etc no obradoiro, a visita ao muíño de auga de Louros, a proxección do video sobre muíños de Pontevedra e unha pequena clase teórica sobre a cultura do pan que impartirá a profesora de materias primas da escola.

    • 18 NOVEMBRO.

    DEMO GASTRONÓMICA

    Dende hai dous anos dende a escola estamos a colaborar con distribuidores de márcala Guggenau, Siemens.. nun traballo de probas dos electrodomésticos de última xeración que se lanzaron ao mercado pero que aínda se descoñece moi ben a amplitude de posibilidades que ofrecen.

    O pasado venres as profesoras técnicas do ciclo de pastelaría realizaron un Show Cooking no estudio de cociñas Alipa de Tui, as elaboraciones que se realizaron foron sinxelas pero moi innovadoras posto que se lle deron uso a técnicas como cocción a baixa temperatura, confeitado, etc. Desta forma conseguimos achegar a tecnoloxía da alta gastronomía ao uso doméstico.

    • 11 DE NOVEMBRO

    CATERING EN SANTIAGO

    O pasado día 11 de novembro, a Federación de EFAS de Galicia clausurou en santiago un congreso enmarcado nun proxecto europeo.

    Para aderezar o evento o curso de pastelaría organizou o coffe break e o xantar buffet.

    Podemos dicir que resultou unha práctica real para o alumnado que viviu a experiencia con moito empeño e con muchísima profesionalidade e o resultado foi moi positivo.

    CONVIVENCIA FIN DE CURSO

    ACTO GRADUACIÓN 2011-2012

    XORNADA DE PORTAS ABERTAS

    Despedida PCPI

    Viaxe a Barcelona

    Aquí están as nosas fotos do Entroido. Qué ben o pasamos!!!!