CURSO 2014/2015

Visita de estudos: PORTO DE VIGO

Porto de Vigo 043

Data: 2 decembro 2014

Participantes: alumnado do 1º curso do CM de Xestión Administrativa e 2º curso do CS de Administración e Finanzas.

Contido:

Percorrido guiado polas instalacións, dende o porto pesqueiro ata á zona de Bouzas e pasando pola de contedores. Tendo en conta a súa magnitude, é unha visita de grande interese para observar na práctica todo o referente á loxística e tráfico de mercadorías.

Porto de Vigo 003-1

Porto de Vigo 015

Porto de Vigo 039

Visita á Deputación de Pontevedra

O pasado 28 de Novembro os alumnos de 2º curso de Xestión Administrativa e os de 1º de Administración e Finanzas asistiron en directo a un pleno da Corporación provincial no Pazo provincial da Deputación de Pontevedra.

_P2A8801

 

 

 

 

 

 

 

 

_P2A8805

 

 

 

 

 

 

 

 

_P2A8913

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Conferencia:  EXPERIENCIA DUNHA EMPRENDEDORA

 

Poñente: Ana González, xerente  e fundadora da Asesoría Axespa de As Neves

Data: 18 novembro 2014

Participantes: os alumnos do segundo curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

conf ana glez 003-1

 

 

 

 

Contido:

Tendo en conta a súa actividade profesional e como creadora da súa propia empresa fixo unha análise de cada proxecto dos alumnos considerando a forma xurídica máis axeitada segundo a actividade, o nº de socios e a inversión. Tamén as implicacións de contratar traballadores ou non, de ser socios traballadores ou ser simplemente socios capitalistas.

Outro apartado de interese foi o de como conseguir financiamento.

Finalmente, aspectos positivos de ser empresario, dificultades dos comezos e forma de superalos, tamén novos negocios do entorno que están funcionando.

 

 

CONFERENCIA: BÚSQUEDA DE IDEAS DE NEGOCIO

Data: 30 de setembro de 2014

Poñente: Rosa Leis

 

A exploración do territorio é fundamental á hora de detectar as súas necesidades e, polo tanto, o primeiro para idear un negocio. Os alumnos dos segundos cursos participaron nesta actividade xa que forma parte do seu currículo profesional. Se analizaron varios iniciativas levadas á práctica en diferentes comarcas.  

conf hardware 001

conf emprendemento

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SEMINARIO INTERNACIONAL ‘Impacto do sistema dual e a alternancia no emprego xuvenil’

Madrid acolle un encontro mundial sobre as escolas familiares agrarias como modelo de emprego e desenvolvemento rural.
O seminario ‘Impacto do sistema dual e a alternancia no emprego xuvenil’ está organizado pola Asociación Internacional dos Movimentos Familiares de Formación Rural (AIMFR)
Participan no encontro más de 150 representantes de escolas de formación por alternancia de doce países de América, Asia, África e Europa

A nosa directoria Mª Antonia Mateos representará á Efa A Cancela neste Seminario Internacional.

Asistirán tamén o presidente de UNEFA, Javier Prado Earle, o presidente da AIMFR, Octacilio Echenagusía, e o presidente do Consello Superior de Cámaras de Comercio de España, Manuel Teruel.

image-1

 

 

 

 

 

 

—————————————————————————————————————————————————

CURSO 2013/2014

O pasado día 29 de abril tivo lugar o Seminario “Posicionamento da Empresa a través de Internet” cunha grande aceptación.

Os temas tratados foron:

– Marketing 2.0

– Montar un Blog

– Google : posicionamento, Analytics e Adwords.

– Ferramentas Sociais.

varias 001

 

 

 

 

 

 

 

 

 

varias 008

 

 

 

 

 

 

 

 

 

varias 006

 

 VIAXE A LONDRES 2014

 

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN PAÍSES DE FALA INGLESA

 IMG_20140325_102538

 

Na Efa Cancela estamos a desenvolver un Programa de Inmersión Lingüística en Países Estranxeiros co obxectivo de que os nosos alumnos practiquen in situ o Idioma Universal, que é o Inglés.

 

O aprendizaxe de idiomas constitúe un elemento imprescindible  para desenvolverse nos distintos ámbitos da vida actual, tanto no laboral, tendo en conta a internacionalización das relacións económicas, coma mesmo na vida cotiá, dadas as posibilidades que ofrecen os numerosos intercambios humanos que se suceden cada vez en maior medida.

Iso levounos a idea de potenciar cada vez máis o estudo das distintas linguas, entre as cales, resulta indubidable que o inglés ocupa un dos primeiros lugares. Ata tal punto é así que a Comisión Europea se formula fixar nos Obxectivos 2020 de Educación e Formación un novo indicador que consistiría en que os Estados Membros dispoñan de polo menos un cincuenta por cento de alumnado no nivel B1 ou superior no primeiro idioma estranxeiro.

 

Non obstante a actividade puramente docente, se ben resulta básica, ao achegar os fundamentos teóricos do idioma, non sempre resulta suficiente pois os alumnos españois non obteñen os resultados esperados en inglés malia que o ensino desta lingua comeza a unha idade máis temperá que na maioría de países. As maiores dificultades obsérvanse na comprensión oral. É por iso polo que convén complementar o ensino na aula cun aspecto práctico que tradicionalmente se veu levando a cabo mediante o desprazamento dos alumnos a distintos países de fala inglesa.

 

Impulsados con este obxectivo neste primeiro viaxe o destino elexido foi o berce da Lingua Inglesa por excelencia…..LONDRES.

Antes de nada imos facer un pequeño análise desta fermosa cidade.

IMG_20140325_121412

 

Londres (London): Capital de Inglaterra e o Reino Unido. Ten a maior cidade e área urbana de Gran Bretaña e de toda a Unión Europea. Situada a beiras do río Támese, Londres é un importante asentamento humano dende que foi fundada polos romanos co nome de Londinium hai case dous milenios.

 

Superficie: Ten unha superficie de 1570 km² e unha poboación aproximada de 8 308 369 hab.

 

Clima:Londres ten un clima oceánico morno, similar ao do resto do sur de Gran Bretaña. A pesar da súa reputación de cidade chuviosa, Londres recibe menos precipitacións nun ano que Roma (834 mm) ou Burdeos (923 mm).
Os veráns son xeralmente cálidos e de cando en vez moi calorosos. No centro da cidade as temperaturas adoitan ser uns 5 °C máis altas que nos arredores debido ao efecto de illa de calor que crea a área urbana. A temperatura media dos veráns londinienses é de 24 °C.

 

Goberno: Monarquía constitucional. Isabel II, raíña de Inglaterra. Isabel II é a actual monarca de dezaseis Estados soberanos coñecidos como Reinos da Mancomunidade de Nacións: o Reino Unido, Canadá, Australia, Nova Zelandia, Xamaica, Barbados, Bahamas, Granada, Papúa Nova Guinea, Illas Salomón, Tuvalu, Santa Lucía, San Vicente y las Granadinas, Belize, Antiga e Barbuda e San Cristóbal y Nieves. Tamén, é a principal figura política dos cincuenta e catro países membros da Mancomunidade de Nacións. No seu rol específico como monarca do Reino Unido é á súa vez a gobernadora suprema da Igrexa de Inglaterra. O seu papel político abrangue grandes áreas, ten funcións constitucionais significativas e actúa como foco da unidade nacional dos británicos e como representante da súa nación ante o mundo.


Relixión: De acordo co censo de 2011, o grupo relixioso máis numeroso de Londres son os cristiáns (48,4%), seguido dos irrelixiosos (20,7%), musulmáns (12,4%), os que non declaran ningunha relixión (8,5%), hindús (5,0%), xudeus (1,8%), sijes (1,5%), budistas (1,0%) e outros (0,6 %).

 

Londres foi tradicionalmente cristián e conta con moitas igrexas, especialmente dentro da City. As famosas catedrais de San Pablo, na City de Londres.

 

Segundo o Eurostat, Londres é a maior zona urbana de Europa. Non obstante, a Universidade de Aviñón sostén que é París.

 

 

MEMORIA DO VIAXE A LONDRES

 

No primeiro día recorremos as inmediacións de HYDE PARK. Con máis de 140 hectáreas de extensión, Hyde Park é o parque máis grande do centro de Londres. Constitúe o gran pulmón da cidade e serve como lugar de esparexemento para londinienses e turistas.

 220px-Aerial_view_of_Hyde_Park

IMG_20140324_200404Atravesando Hyde Park chegamos ó tan coñecido HARRODS. Éste é o centro comercial máis famoso de Londres. Está situado en Brompton Road, no distrito de Knightsbridge, moi preto de Hyde Park.

IMG_20140324_200832

 

En decembro de 1883 Harrods foi vítima dun grande incendio e derrubouse. Ao pouco tempo, o edificio foi reconstruído a maior escala. Actualmente o propietario de Harrods é o exipcio Mohamed Al Fayed.

 

 

No segundo día en Londres a nosa visita obrigada foi a ABADÍA DE WESTMINSTER (Westminster Abbey).IMG_20140325_120529

 

A Abadía de Westminster é o templo máis famoso e antigo de Londres. Elixida como sede para as coroacións reais, a abadía tamén acolle as tumbas dos monarcas e figuras históricas británicas dos últimos mil anos.

 

A abadía, construída con estilo románico, foi consagrada no ano 1065 para dar acubillo aos monxes beneditinos. Entre 1245 e 1517 foi reconstruída cun estilo gótico e durante o século XVIII sufriu a súa maior transformación, tras a construción das dúas torres da entrada principal.

 

Dende a coroación de Guillermo el Conquistador no ano 1066, todos os monarcas ingleses foron coroados na Abadía de Westminster utilizando un trono de coroación medieval do século XI que aínda se conserva.
Algúns dos acontecementos máis recentes celebrados na abadía foron o 80 aniversario da raíña Isabel II ou o funeral da princesa Diana de Gales.

 

O rincón dos poetas alberga as tumbas e mausoleos de grandes xenios da literatura como Charles Dickens, William Shakespeare, Geoffrey Chaucer, Samuel Johnson e Rudyard Kipling.

 

IMG_20140326_102118A nosa seguinte parada foi no PALACIO DE WESTMINSTER no que asistimos a unha sesión no Parlamento na chamada “House of Commons” (Casa dos Comúns). Nesta primeira Cámara Parlamentaria é onde se tratan os Primeiros Bocetos das Leis.

 

O Palacio de Westminster (Westminster Palace), tamén coñecido como as Casas do Parlamento (Houses of Parliament), é un edificio gótico vitoriano que alberga as dúas Cámaras que compoñen o Parlamento Británico.

 

 

A coñecida torre do Big Ben, o famoso reloxo das Casas do Parlamento converteuse nunha das imaxes máis famosas de Londres, ademais dun dos principais símbolos da cidade.

 

Os nosos alumnos aprenderon que aínda que xeralmente cando falamos do Big Ben nos referimos á Torre do Reloxo do edificio do Parlamento de Londres, esta denominación non é de todo exacta, xa que o Big Ben realmente é unha enorme campá de 14 toneladas que se encontra no interior da torre.

 

 

O reloxo da Torre do Big Ben, composto por un reloxo de 7 metros de diámetro en cada unha das súas caras, foi posto en marcha en maio de 1859. Hoxe en día converteuse nun símbolo da nación e as súas badaladas son transmitidas a diario pola cadea de raio da BBC.

 

 

O noso seguinte destino foi o MUSEO BRITÁNICO (BRITISH MUSEUM). Na actualidade o Museo Británico recibe máis de 5IMG_20140325_163914 millóns de visitantes anuais, o que o converte no terceiro museo máis visitado do mundo, por detrás do Louvre de París e do Metropolitan Museum de Nova York.

 

Entre os obxectos da colección estaban incluídos máis de 40.000 libros e antigüidades procedentes de Grecia, Roma, Exipto, Oriente Medio e América.

 En 1782 aumentou considerablemente a colección de pezas de orixe grega e romana e, despois disto, en 1801 o museo adquiriu unha gran cantidade de antigüidades exipcias, entre as que se inclúe a impresionante Pedra Rosetta (grazas á cal se puideron traducir os xeroglíficos exipcios). IMG_20140325_164750

 

Tamén fixemos algún descansiño, como por exemplo degustar a ampla variedade de cafés na famosa cadena de Sturbucks.

 

 

Despois dirixímonos hacia SOHO E CHINATOWN, ó tempo que atravesábamos as famosas PRAZAS DE TRAFALFAR (SQUARE) E PICADILLY CIRCUS.

 

No centro da praza álzase a maxestosa Columna de Nelson, construída en 1843 enTRAFALGAR honor ao almirante Nelson, falecido mentres se encontraba ao mando da armada británica na Batalla de Trafalgar.
A columna de granito de case 50 metros de altura está coroada por unha estatua do almirante Nelson e rodeada por catro leóns de grandes dimensións, construídos a partir do bronce fundido dos canóns da frota francesa.

 

Na parte norte da praza álzase a maxestosa NATIONAL GALLERY e fronte a ela sitúanse dúas grandiosas fontes que se iluminan cando cae a noite.

NATIONALjpeg

 

A Galería Nacional de Londres expón obras pictóricas de procedencia europea, dende 1250 ata 1900. A colección permanente está composta por máis de 2.300 pinturas, entre as que destacan algunhas obras de Rembrandt, Tiziano, Velázquez, Van Gogh e Miguel Angel.

 

A praza de Picadilly Circus é coñecida polos seus carteis luminosos e a fonte de Eros situada no centro, que se converteu nunha das iconas de Londres.
A oferta de ocio de Piccadilly Circus é moi extensa, dende unha gran cantidade de tendas, cines e teatros, ata restaurantes para todos os gustos.
Piccadilly Circus é un dos lugares máis animados de Londres e unha das principais zonas de festa da cidade.
Nas inmediacións da praza abundan os relacións públicas que ofrecen entradas con desconto para os locais de moda.

 

Chinatown non está carente de historia. A zona orixinal encontrábase na parte este de Londres, onde comezaron a concentrarse miles de mariñeiros chineses a finais do século XVIII. Estes foran contratados en China pero, por razóns diversas, tiveran que ir quedando a vivir en Londres.
No ano 1914, xa se abriran 30 negocios chineses en Limehouse, a maioría para surtir os propios mariñeiros. Durante a Segunda Guerra Mundial a zona quedou destruída e encontrar traballo na mariña era misión imposible para os estranxeiros.

CHINATOWN

A metade do século XX os chineses que quedaban en Londres sufrían serias penurias. Por sorte para eles, os soldados que volvían de Asia chegaban con ganas de seguir degustando comida asiática. Nesa época abríronse os primeiros restaurantes en Gerrard Street, unha rúa con moita reputación gastronómica internacional.
A popularidade dos restaurantes chineses atraeu grandes emprendedores asiáticos que converteron a zona na actual Chinatown.

 

 

IMG_20140326_121940No noso terceiro día en Londres dirixímonos, como non, ó PALACIO DE BUCKINGHAM para asistir ó tan famoso Cambio de Guardia.

 

O Palacio de Buckingham (Buckingham Palace) é a residencia oficial da Familia Real Británica en Londres dende 1837. Actualmente, é o lugar de residencia da raíña Isabel II.

Durante as dúas guerras mundiais o pazo sobreviviu de xeito exemplar. Na Primeira Guerra Mundial tivo a sorte de non ser atacado pero, durante a Segunda Guerra Mundial, foi bombardeado en diferentes ocasións. O bombardeo máis importante destruíu a capela real en 1940.

IMG_20140326_115756

 

Tivemos a sorte de que a bandeira estaba izada o que quere dicir que a Reina de Inglaterra atópabase neses momentos dentro do Palacio.

 

 

Desde aquí diríximonos a NOTTING HILL E Ó MERCADO DE PORTOBELLO.

IMG_20140326_133006

PORTOBELLO

O Mercado de Portobello é un dos mercados máis famosos de Londres. En Portobello é posible encontrar unha gran variedade de artigos, entre os que destacan as antigüidades. As moedas, reloxos, mobles, selos ou xoias son algúns dos obxectos máis populares.
O Mercado de Portobello toma o nome da rúa na que se encontra, Portobello Road. Esta rúa ten uns tres quilómetros de lonxitude e conecta Nothing Hill con Ladbroke Grove. Ademais dos coloridos postos da rúa principal, tamén é posible encontrar tendas e postos en rúas perpendiculares como Westbourne Grove.

 

Pola tarde-noite desfrutamos das vistas desde a LONDON EYE.

IMG_20140326_102232IMG_20140326_182232

Coñecida tamén como Millennium Wheel (Roda do Milenio), a noria é un logro do deseño e a enxeñaría construído ao longo de sete anos por centos de traballadores provenientes de cinco países diferentes.
A London Eye foi a maior nora do mundo ata o ano 2006 cando foi superada pola Estrela de Nachang en Nachang (China). En 2008, os 165 metros do Singapore Flyer marcaron un novo record.

 

 

IMG_20140327_104500No cuarto día empezamos a nosa visita no MERCADO DE CANDEM (Candem Market)

 Durante o día, a zona está abarrotada de turistas e é unha visita obrigada, pero durante a noite convértese nunha zona pouco recomendada para o público en xeral.

IMG_20140327_112930_3IMG_20140327_104530


No mercado de Camden hai moitos postos de comida, os puestecillos móbiles que se sitúan na praza, bastante máis caros pero con mellor aspecto (e onde a comida está bastante máis boa), e os postos fixos que hai nos soportais, postos de múltiples nacionalidades con comida de todo tipo, nos que venden bandexas de comida por 3 ou 4 libras.

 

A continuación pola tarde e movéndonos no famoso Metro Londinense para percorrer a enorme zona Centro fomos a chamada CITY a visitar en primeiro lugar a TORRE DE LONDRES (TOWER OF LONDON).IMG_20140327_133503

 

Durante máis de 900 anos a Torre de Londres foi sinónima de terror debido a que se trataba do lugar no que eran encerrados todos aqueles que ofendían o monarca. A maioría dos presos malviviron en condicións espantosas e non saíron con vida, ou foron torturados antes de ser executados na próxima Tower Hill (Outeiro da Torre).
Foron moitos os personaxes de gran relevancia que tiveron a desgracia de sufrir entre as paredes da Torre de Londres, entre os que se incluíron algúns reis derrocados, aristócratas e clérigos acusados de traizón. Algúns dos personaxes máis destacados entre os que foron executados na Torre Verde foron a raíña consorte Ana Bolena, a raíña Jane Grey, o barón William Hastings, ou o pensador e escritor Tomás Moro.

 

A continuación o TOWER BRIDGE.IMG_20140327_135501

Tower Bridge (Ponte da Torre) é un dos símbolos máis destacados de Londres. Esta rechamante ponte levadiza, construída con estilo vitoriano, encóntrase situado xunto á Torre de Londres.

 

Desde o Támesis divisamos o original CONCELLO

 

 

Inaugurado no ano 2002, o peculiar edificio do City Hall posúe unha característica forma ovalada que lle outorga unha aparencia futurista.
Para a creación dos deseños contouse coa inspiración do arquitecto Norman Foster, artífice doutros curiosos deseños como o do edificio do Parlamento de Berlín.

 

O impresionante edificio “SHARD”

 

IMG_20140327_135303

The Shard é o rañaceos máis alto da Unión Europea con 310 metros de altura. Dende a súa inauguración en xullo de 2012, a silueta de The Shard determinou o skyline de Londres para sempre. Nos seus inicios foi coñecido como London Bridge Tower.

 

Nas súas 87 plantas, 72 delas utilizables, The Shard conta con oficinas (plantas 3-28), restaurantes (31-33), o luxoso hotel Shangri-La (34-52), apartamentos (53-65), un miradoiro (68-72) e a agulla (73-87).
Como dato curioso e arrepiante, os apartamentos privados en The Shard, dos que só hai 10, un por planta, saíron á venda por prezos de entre 30 e 50 millóns de libras esterlinas.

 

 

IMG_20140327_155735

 

O buque-museo “HMS BELFAST”.

 

O buque HMS Belfast é un museo flotante ancorado no río Támese que forma unha parte importante do Imperial War Museum. A través das súas extensas exposicións, o barco mostra os diferentes aspectos da vida en altamar durante a súa participación na Segunda Guerra Mundial.

 

IMG_20140327_162515Pola tarde disfrutamos dun Cruceiriño polo Támesis e visitamola CATEDRAL DE SAN PABLO E O IMPERIAL WAR MUSEUM.

 

Cunha altura de 110 metros, a Catedral de San Pablo (St Paul ´ s Cathedral) de Londres é a segunda catedral máis grande do mundo, xusto por detrás da Basílica de San Pedro de Roma. Esta catedral é a obra mestra de Christopher Wren.

 

Probablemente o maior atractivo da catedral sexa a súa gran cúpula, composta por tres galerías circulares. Tras un ascenso de 257 chanzos chégase ata a primeira delas, a Galería dos Murmurios, situada a 30 metros de altura. Trátase dun lugar cunha incrible acústica no que se pode oír ata o máis mínimo son producido no extremo oposto da cúpula.

 

As entrañas da Catedral de San Pablo encóntranse perforadas formando unha gran cripta na que se conservan algúns fragmentos dos anteriores templos e diferentes monumentos e memoriais, ademais dos restos dalgúns grandes personaxes británicos como Nelson, Wellington ou Churchill.

 

O Imperial War MuseIMG_20140327_172505um (Museo Imperial da Guerra) ten por finalidade favorecer a análise e a comprensión dos conflitos bélicos producidos ao longo da historia, outorgando grande importancia aos efectos da guerra sobre a poboación civil.

 

 

 

 

 

 

E así rematou a nosa aventura pola capital Inglesa. Foi unha experiencia inesquecible, na que os alumnos aprenderon e disfrutaron moito e sobre todo quedaron con moitas ganas de volver e repetila experiencia.

 

ENTREVISTAS DE TRABALLO

 

Os días 19 e 20 de marzo os segundos cursos de administración tiveron una sesión práctica de entrevistas de traballo, a cargo do empresario don José Rodríguez Bartolomé que conta con una dilatada experiencia en selección de recursos humanos. A práctica consistiu en facer entrevistas a cada un dos alumnos, dándolle pautas para realizalas correctamente.

 

 

CONFERENCIA SOBRE OS PRODUTOS DE SEGURO

 charla seguros 005

 

Ponente: Enrique Méndez da empresa SICGALICIA

Data: 12 marzo

Cursos que asistiron: 2º CS Administración e Finanzas e 2º CM Xestión Administrativa charla seguros 001

 

Contido: tendo en conta o proxecto de creación dunha empresa que desenvolven estes cursos, a actividade consistiu nunha explicación práctica e detallada do produto máis adecuado para cada actividade empresarial e para cada situación persoal.

Resultou moi completa e motivadora polo seu enfoque próximo á realidade.

CONFERENCIA: “OS PERIGOS DE INTERNET”

charla perigos en Internet 003O día 31 de marzo os alumnos do Centro asistiron a unha sesión formativa acerca dos perigos de Internet e das diversas aplicacións da REDE, Twiter, facebook,linkedin…etc .

Foi impartida polo sargento da Garda Civil do posto de Salvaterra de Miño, e tamén foron invitados as familias que quixeran asistir, dado que os alumnos na súa maioría son maiores de idade.


O obxectivo era concienciar ó alumnado e as súas familias do uso correcto da rede dando algunhas pautas moi interesantes e invitando a colaborar a todos para mellorar este uso.
Análise das consecuencias deste uso, exposición pública á que se someten de xeito inconsciente, e as formas máis seguras de navegar por Internet así como a idade mínima esixida para o uso das redes foron entre outros os temas analizados na exposición.

charla perigos en Internet 001

CHARLA DE XULIO LLOVES E A EXPERIENCIA DUN EMPRESARIO

charla julio lloves + porco celta 001

 

Á charla asistiron os cursos de administración que con grande atención e á vez divertimento (pola amenidade do empresario) descubriron as aptitudes e actitudes necesarias para conseguir un posto de traballo, tanto dependente coma se se propoñen creación de empresa autónoma ou tipo sociedade.
O percorrido do Sr. Lloves dende os comezos de Mascato, (empresa situada en Salvaterra de Miño que se dedica á comercialización e envasado de peixe ) ata a actualidade a través de dificultades, e facilidades presentadas moitas veces con anécdotas, fixeron da sesión un tempo moi grato e entretido

SESIÓN INFORMATIVA “PORCO CELTA”

charla julio lloves + porco celta 004

 

 

A semana pasada tivo lugar na nosa escola unha sesión informativa a cargo dos promotores da produción do porco celta na Cañiza, asistiron a esta os grupos de Xestión administrativa e de Ciclo Superior ADF.


A exposición do tema corría a cargo do primeiro promotor da empresa que era D.
José Antonio Castiñeiras, presidente da Comunidade de Montes de Petan e Xerente da empresa Porco Celta Deva, en Cañiza, D. Fracisco José González Táboas que respondía da parte técnica e xerente de AFRIFOGA e Dª. Bibiana Conde Álvarez xerente do GDR Rural de Condado-Paradanta.


A sesión desenvolveuse de 16.00 a 18.00 h e con grande aproveitamento por parte do alumnado, por tocar temas de importancia capital para a creación de emprego, innovación e desenvolvemento do medio rural, así como a promoción de novas convocatorias dos fondos europeos para os próximos anos.

VISITA Á EMPRESA MASCATO

Recentemente os alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e do CM de Xestión Administrativa, visitaron a  empresa MASCATO , situada no  polígono empresarial de Salvaterra de Miño.

Salvaterra de Miño-20140131-00558

MASCATO, adicada ó sector de envasado de peixe conxelado  conta con empresas noutros países como Namibia Chile, Estados Unidos ou Vietnam.
Visitouse tanto a planta de envasado como as oficinas, explicándolles amplamente o funcionamento da planta, e as tarefas administrativas.

DSC00589

A visita resultou moi interesante, xa que coñeceron in situ a actividade da empresa e o alcance internacional desta, así como a súa repercusión a nivel comercial.
Destacar que  contamos coa colaboración do persoal de Mascato dende o punto de vista de acollemento por parte da empresa de alumnos/ás en prácticas para o desenvolvemento do módulo esixido no Ciclo de Formación no Centro de Traballo.

 

 

VISITA CRUZ VERMELLA DE PONTEAREAS

O mércores 11 de decembro, visitounos a Cruz Vermella de Ponteareas,  para darnos unha sesión práctica  sobre as pautas básicas en Primeiros Auxilios. Foi impartida polo enfermeiro Nemesio Boente, para os alumnos dos primeiros cursos dos Ciclos formativos, xa que no módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL), inclúe este contido. 

 

A finalidade é capacitar ó alumnado para desenvolver correctamente a actuación ante unha emerxencia e mellorar os coñecementos e as actuacións básicas, entre outros, fixéronse simulacións  de orden de actuacións do soporte vital básico, de reanimación cardiopulmonar, maniobra de Heimlich…

A sesión foi moi didáctica e interesante para o alumnado.

 

VISITA Ó CONCELLO

O pasado día 30 de novembro, os alumnos de CM de Xestión e de Cs de ADF, visitaron o

concello asn neves

Concello de As Neves como actividade relacionada coa celebración do próximo día da Constitución ( 6 de decembro).

Como en anos anteriores nos recibiu o Alcalde da Corporación Municipal e a Técnico Local do Concello.
Tivemos unha sesión informativa no salón de plenos, onde o Sr. Alcalde, D. Raúl Emilio Castro, explicou algúns termos da Constitución, de onde xurdiu debate en torno a algunhas das Institucións do Estado (por exemplo a importancia ou non das funcións do Senado, e a súa repercusión na política).
Tamén se falou da forma de elección dos colaboradores do Alcalde e da elección polos partidos políticos dos posibles concelleiros que representen aos diversos sectores sociais no Municipio, así como dos medios económicos do Concello e doutros temas relacionados coa economía do Concello. Como en anos anteriores, a visita resultou de interese, e fixémonos a foto nas escaleiras do edificio do Concello co Alcalde.

VISITA ÁS EMPRESAS AUGAS DE MONDARIZ E HOTEL TRYP

AUGAS MONDARIZ

O pasado xoves 28 de novembro, o alumnado dos Ciclos Medios de Xestión Administrativa e de Panadería, fixeron unha visita a empresa Aguas de Mondariz .

Atendeunos a responsable de calidade que nos iba explicando as distintas fases, primeiro a fabricación dos envases e despois o proceso produtivo do embotellamento da auga. Foi unha visita moi interesante, porque a medida que nos explicaban observábamos o proceso, ademais o alumnado estivo moi participativo,  facendo moitas preguntas.

HOTEL TRYP

Ó rematar en Aguas Mondariz, visitamos o Hotel Tryp , aquí atendeunos  o xefe de cociña, que nos explicou o funcionamento do restaurante e as cualidades que debe ter o persoal para traballar nun hotel de cinco estrelas.

Ademais, fixemos un percorrido polos distintos salóns do hotel.

Rematamos, tomando un pequeno aperitivo. 

INVESTIGACIÓN NA EMPRESA

 

Os primeiros cursos dos nosos ciclos inician esta semana un proxecto innovador que consiste nunha primeira toma de contacto coa empresa. O alumno visita durante 3 días a mesma, observa, pregunta e recaba información para posteriormente elaborar e presentar o resultado da investigación. Entre os obxectivos está o fomento do espírito emprendedor, familiarizarse  coas diferentes actividades que desenvolven, e tamén coa súa organización.

Nos seguintes trimestres o alumno xa entrará máis a fondo noutros temas como son o produto ou servizo que elabora ou presta a empresa e a atención á clientela.

Con este proxecto se pretende conseguir unha relación máis estreita entre o centro educativo e as empresas de forma que o alumno contraste na realidade algúns dos conceptos teóricos aprendidos na aula.

Algunha das empresas que colaboran nesta actividade son:

·        Asesoría Viñas & Brea (Ponteareas)hotel-balneario-mondariz-

·        Litus (Vigo)

·        Star (Tui)

·        Excavaciones y construcciones Laureano Covelo (Ponteareas)

·        Concellos de As Neves e Salceda

·        Aserco Ponteareas

·        Asesoría, Xestoría e Servizos da Paradanta (As Neves)

·        Forjados Hermanos Durán (As Neves)

·        Bodegas Eidosela (Arbo)

·        Asergalicia (Ponteareas)STAR

·        Balneario de Mondariz (Mondariz Balneario)

·        Confitería El Molino (Vigo)

·        Supán (Vigo)

·        Confitería Francos (Ponteareas)

·        Erundina (Porriño)

 

CHARLA

“PAUTAS PARA SER UN BO PROFESIONAL”

charla actitudes e aptitudes 011

Impartida o pasado 23 de novembro por D. Serafín Domínguez da empresa BSH Electrodomésticos España, S.A.

Tocou todos aqueles aspectos que, dende a súa experiencia, son importantes á hora de desenvolver de forma eficiente un traballo: puntualidade, educación, gañas de traballar e mellorar día a día, polivalencia, proactividade e iniciativa, autonomía, etc.

Tamén todo o relacionado coas entrevistas de selección. Resultou moi interesante e motivadora de cara á próxima incorporación ás prácticas na empresa.

charla actitudes e aptitudes 014(1)charla actitudes e aptitudes 005

VISITAÓ PARLAMENTO DE GALICIA

 

DIA 30, DE OCTUBRE DE 2013

parlamento02

Os alumnos de Xestión Administrativa de 2º curso, e de Administración e Finanzas de 1º da EFA, contáronnos, que visitaron o Parlamento, e entre outras cousas, transmitíronnos as seguintes.

 

 

 

GE DIGITAL CAMERA

Visitaron:
– O salón de recepcións, onde os políticos toman posesión dos seus cargos, cando son elixidos, e tamén nesta sala se recibe a xente importante.
– No vestíbulo principal, existe unha fermosa alfombra coas sete provincias que existiron en Galicia, e co GE DIGITAL CAMERAEscudo de Galicia, por onde se accede ao hemiciclo, onde se celebran os plenos, e está a porta principal
– Visitaron unha sala, onde lles puxeron un video, que explicaba as diferentes funcións do parlamento.
– Viron unha maqueta do parlamento, e tamén bosquexos e planos da estrutura, deste mesmo.
– Explicáronlles a reforma da estrutura. Contaban que a sala de plenos foi coma se se introducise un caixón dentro do patio e se deixaron corredores arredor.

– Pasaron pola biblioteca, alí explicóuselles, quen doara os libros e á súa vez, de que trataban algúns destes. digitalizPalamentoGalicia

Entre oGE DIGITAL CAMERAutros, faláronlles dos libros onde se recollían as sesións diarias do pleno, tamén dos libros de dereito, leis, etc… que se encontraban almacenados, na biblioteca.
– Logo, alí na biblioteca, simularon un debate, para reproducir o que facían os parlamentarios nestes momentos.
– Pasáronse tamén, polas diferentes salas dos grupos parlamentarios que compoñen o parlamento, cuxa dimensión vai en proporción, dos escanos que obteñan no Parlamento.
– Para finalizar, asistiron, durante 15 minutos a un pleno, onde puideron ver como debatían os diferentes partidos.

VISITA REALIZADA Ó CENTRO DE TRATAMIENTO AUTOMATIZADO DE CORREOS

DÍA 30 DE OUTUBRO DE 2013

CORREOS2

 

 

O pasado 30 de outubro os alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas xunto cos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa fixeron unha visita cultural ó CTA de correos en Santiago de Compostela.

 

Era a primeira vez que o centro fixera esta saída tivo moito éxito, foi do agrado tanto dos alumnos coma dos profesores.
 

 

O CTA: é un centro de tratamento automatizado de correos. No de Santiago xestiónase o tratamento e a CORREOSclasificación do correo que entra e sae da nosa comunidade para o seu posterior transporte.

 

Para que vos fagades unha maior idea do que é o CTA está é a entrevista que lle fixemos ós alumnos:

 

1. ¿Gústovos a visita? ¿Foi interesante?
Si, a visita resultou moi interesante polo feito de ver o funcionamento interno da central de correos. Ningún coñeciamos o seu funcionamento.

2. ¿Como é o proceso que segue o correo?
Cando chegan as cartas divídense en tres seccións: paquetería, correo certificado e correo ordinario e sepáranse nas procedentes da oficina de correos e as procedentes de caixas de correo.
Unha das cousas que sorprendeu moito é a importancia do código postal, parece un detalle sen importancia pero ao non o poñer ou poñelo mal, rómpese a cadea de destinación e iso implica a intervención manual dun dos operarios, que ten que buscar nunha base de datos o código correcto, para que a carta volva ao percorrido e así chegue ao seu destino.

3. ¿Gustaríavos traballar no CTA?
Non, porque é un traballo moi monótono.

 

4. ¿Trato recibido na visita?
Foi correcto e educado

 

GE DIGITAL CAMERAGE DIGITAL CAMERA

En conxunto a única pega que lle poñen á visita é que o ambiente de traballo é moi ruidoso polo que era custoso seguir as explicacións do guía.