XYLAZEL COLABORA CON EFA A CANCELA

O mércores 20 de abril, os alumnos da rama administrativa  estiveron en Xylazel S.A.  empresa dedicada a fabricación e comercialización, de pinturas e barnices, especializada en protectores para a madeira e o metal.

visita-Xylazel-088 visita-Xylazel-095

Explicáronnos moi ben, ademais do proceso produtivo, as medidas de prevención de riscos laborais, destacando as de loita contra incendios e as  de protección do medio ambente, materias relacionadas co módulo de FOL. Para rematar a visita estivemos no almacén da empresa explicándonos temas do módulo de  Xestión Comercial e Loxística

Os alumnos quedaron moi satisfeitos polas explicacións recibidas resultando moi interesantes e amenas, xa que viron a aplicación práctica dos coñecementos teóricos que aprenden no centro.

Para finalizar, queremos agradecer o exquisito trato recibido por parte da empresa que en todo momento, estiveron dispostos a colaborar con nós.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *