Asesoramiento online para rematar o plan de empresa

/ Xaneiro 27, 2020/ Noticias

 

Unha das vantaxes que ten a tecnoloxía é que reduce distancias, e fai igual de fácil contactar cunha persoa que está a uns quilómetros, ou da que nos separa todo un mar.
No rural esta vantaxe comparativa que ofrecen internet, a video asistencia e os webinars multiplícase…
Así, nestes dias tivemos a oportunidade de ofrecer ós alumnos de 2º de Panadería e repostería, e ós do C.S. de Administración e finanzas asesoramiento personalizado cun experto en emprendimento proporcionado pola Deputación, no marco do programa DepoEmprende.
A consulta fíxose por videoconferencia, e nela o alumnado expuso -en parellas ou grupos pequenos, como os que compoñen a realidade da asignatura-  o plan de empresa que están a elaborar para recibir asesoramento, feedback dos aspectos a mellorar no mesmo. No vindeiro mes terá lugar a fase de aceleración dos proxectos e en marzo o concurso (DemoDay).

A actividade enmarcase neste proxecto da Deputación que trata de fomentar a iniciativa emprendedora no sistema educativo, mediante a participación activa na vida económica, social e cultural da contorna cunha actitude crítica e responsable. Resultou moi útil para o alumnado, e xa están a poñer en práctica os consellos recibidos.

 

Share this Post