EFA A CANCELA GALADORNADA COA CARTA ERASMUS+

/ Novembro 8, 2015/ Noticias

A EFA A Cancela acaba de ser galardonada coa Carta Erasmus+. Ésta é unha importante distinción que posibilitará a internacianalización da nosa institución, facendo Programas de Movilidade tanto para o alumnado como para o persoal docente.

carta-erasmus

Os programas de mobilidade permiten aos estudantes formarse e facer prácticas noutros países europeos. Estes programas achegan un valor extra á educación, contribuíndo a mellorar o futuro profesional e favorecendo, por tanto, o desenvolvemento persoal.

Ademais de mellorar a formación, pasar un tempo fóra de España e realizar as prácticas de FP no estranxeiro pode servir tamén para aprender outros idiomas e contactar con empresas e alumnos doutros países.

A formación é recoñecida formalmente a través dos sistemas de créditos ECTS, ECVET ou outros similares. E as competencias adquiridas rexístranse no Suplemento Europeo ao Título (Europass) que acredita que se recibiu formación válida a nivel europeo.

Tamén podes consultar o Eramus Policy Statement nesta ligazón, facendo clic aquí.

erasmus-policy

En breve toda a información na nosa web: www.efacancela.com

Share this Post