Visitas a El Molino e o Restaurante KERO

/ Novembro 13, 2017/ Noticias

O pasado martes 7 os alumnos do Ciclo de Pastelería visitaron dúas empresas na cidade de Vigo.

Comenzamos por a confitería El Molino. Alí recibíunos Dolores, propieteria do establecemento. Falounos da sua traxectoria e da importancia das ganas e as actitudes que ten que ter un pasteleiro para ser un bo profesional. Ensinounos as súa oferta en doces, dándonos a posibilidade de degustalos, por exemplo a súa famosa Tarta de té, as Rochas e os deliciosos croissant de manteiga.

IMG_20171107_123635 IMG_20171107_121413 IMG_20171107_105138
A continuación baixamos ata o restaurante KERO. Cociña peruana con produto  galego. Atendeunos o chef e propietario Juan Carlos Perret que falou da importancia de ter un bo produto e empregar ben as técnicas. Da parte da pastelería falounos Clara Marzoa, unha ex alumna que defende o posto con gran paixón e profesionalidade.
Unhas visitas moi interesantes e produtivas.
Share this Post