Visita técnica ó grupo Da Cunha, impulsores da Cátedra do Pan

/ Xaneiro 29, 2020/ Noticias

Todo o grupo de alumnado de Panadería de Ciclos e o grupo de Certificado de Profesionalidade en Panadería que se imparte actualmente na EFA visitamos hoxe a sé de Dá Cunha, un prestixioso grupo empresarial do sector alimentario a nivel nacional, que se caracteriza pola súa innovación e o coidado do produto.
Tanto é así que, a iniciativa súa, en 2016 púxose en marcha a Cátedra do Pan e do Cereal na Universidade de Santiago de Compostela (Campus Terra en Lugo), que ten como obxectivo a investigación, o fomento da docencia e a difusión dos coñecementos no ámbito do pan e do cereal.
No percorrido estivemos acompañados polo xerente da compañía, Manuel Da Cunha, e por Fernando Almeida, enxeñeiro agrónomo.
Contáronnos dos inicios do grupo, coa Panadería Dá Cunha en 1986, un pequeno negocio de carácter familiar que foi crecendo e ampliando os seus horizontes ata contar actualmente  con 3 grandes empresas e un marcado prestixio no sector do pan en toda España.
Actualmente serven ás grandes cadeas de distribución alimentaria e a HORECA a nivel autonómico e nacional. Contan con distribución propia en diferentes cidades, e dispoñen de capacidade produtiva e logística para atender a demanda tanto de panadería, pastelería, e tamén heladería.
E a súa xestión inclue o seu propio consumo e a venda a outras empresas do sector.
Un éxito empresarial que da fe do pulo que ten a empresa alimentaria e o rural na Galicia de hoxe, e que, cando apostamos pola calidade (neste caso, dos cultivos, as fariñas e os granos) a recompensa sempre chega.
Un luxo ter coñecido a este profesionais e o seu coidado por un oficio que sentimos moi preto.
Share this Post