Visita ás instalacións do Porto de Vigo

/ Novembro 9, 2017/ Noticias

O martes día 7 de novembro alumnos dos ciclos de Administración visitaron as instalacións do Porto de Vigo. Levamos a cabo un percorrido guiado polo Porto Pesqueiro, Comercial, terminal de contenedores (Guixar) e Terminal Ro-Ro (Bouzas) de coches. 

Explicáronnos cómo se comercializa o peixe na lonxa, vimos os viveiros onde calquera pode comprar marisco xa preparado, así como a exportación de coches de diferentes marcas, non só Citroen senón tamén Range, Mercedes…

Hai que destacar que é o primeiro porto do mundo en movemento de pesca para consumo humano. En ranking nacional de tráfico Vigo é a cuarta cidade exportadora de España (en valor, 47% exportacións e 34% importacións de Galicia).

Houbo a oportunidade de coñecer de primeira man a súa importancia e a xestión loxística que se leva a cabo nestas instalacións que están operativas os 365 días do ano.

IMG_20171107_120952 IMG_20171107_113118 IMG_20171107_111310 IMG_20171107_103852 IMG_20171107_103113 IMG_20171107_103107 IMG_20171107_101713 IMG_20171107_101423 IMG_20171107_101409 IMG_20171107_101349

IMG-20171109-WA0002

Share this Post