VISITA DOS XERENTES DA PIZZERÍA DE MODA EN PONTEAREAS

/ Marzo 1, 2016/ Noticias

20160219_112704Nesta pasada semana contamos na escola cos xerentes da Pizzería Píccola, en dita charla participamos os dous grupos de pastelería.

Esta empresa está situada en Ponteareas e tratase dun restaurante italiano coa súa oferta centrada na Pizza e na pasta artesán.

O fronte da cociña está Tarcisio e o da sala a súa compañeira Rogelia Tellado, ámbolos dous apostan por ofrecerlle ó cliente un bo produto e unha gran experiencia, posto que ambos partiron cursando hostalería e especializándose  cada un en complexos hoteleiros de Italia, Canadá, Suiza e Francia.

20160219_112848

UNHA HISTORIA DE HOSTALERÍA CONTADA POLOS SEUS PROTAGONISTAS

Chegado o momento decidiron apostar pola creación dun negocio de carácter familiar e ben estruturado, hoxe en día están apostando por abrir o seu segundo establecemento.

Centraron a charla dunha forma moi motivadora sinalando a os nosos mozos e mozas a importancia de aspirar a ser bos profesionais, onde a constancia, a disciplina e as gañas non poden afrouxar.

Lles falaron coma empresarios sen deixar de asegurarlles que o esforzo do traballo chega a ser recompensado e as metas chegan a ser cumpridas.

Enumeraron no seu discurso habilidades tales coma saber traballar en equipo, a  importancia da imaxe persoal, a puntualidade, o control do estrés e o bo temperamento, en definitiva podemos dicir que foi un baño de positivismo e aposta por estas novas xeracións de profesionais que saen da escola e dos propios empresarios saben son un elo fundamental para o futuro da hostalería.

 

Fátima Estévez

Share this Post