VISITA DOS ALUMNOS DA EFA A CANCELA A CORREOS

/ Abril 22, 2015/ Noticias

Neste trimestre os alumnos de 2º CM de Xestión Administrativa visitaron a empresa pública CORREOS, da oficina de As Neves.
Correos-logo-4B45448E8F-seeklogo.com

Atendeunos o director da oficina, amosándonos toda a empresa: oficina, almacén, despacho,….

A empresa conta con director e carteiros por todas as parroquias.

Coñecemos o funcionamiento do servicio de correos, a circulación interna da correspondencia e paquetería. Identificaron os canales de transmisión da información: correo convencional, correo electrónico, fax, burofax, certificados, telegrama, entre outros.

Entregáronnos un modelo de cada tipo de formulario para cubrir en clase como material práctico.

Foi unha visita moi interesante e sen coste ningún.

Share this Post