Visita de estudos a empresa Darlim, empresa líder en solucións intelixentes para a limpeza e a hixiene

/ Maio 5, 2016/ Noticias

O mércores pasado visitamos Darlim, unha empresa que se dedica ao comercio ao por maior de produtos de perfumería, droguería, higiene e beleza.DARLIM2

É líder en Galicia en suministros de máquinas e produtos de limpeza, e higiene profesional. Actualmente inaugurou unhas instalacións en Madrid. Está presente nas principais firmas nacionais do sector de limpeza hostelería, restauración, geriatría, sanidade e ata no exército español.

Coñecemos os produtos que ofrece de marcas líderes a nivel mundial como: DIVERSEY, SURE, DENI, DUNI, BOPAPEL, VILEDA, 3M e marcas propias como: DAMALIM, DAMACEL, DAMAPLAST,
Explicáronnos os produtos químicos, a súa aplicación, utilidade e medidas se seguridade, tamén os conceptos de limpeza e desinfección.

Presentáronnos a nova gama SURE, de produtos de limpeza a base de plantas, 100% biodegradables. Os ingredientes son de orixe vegetal que derivan de subproductos da industria agroalimentaria, derivados da remolacha azucarera, maíz, salvado de trigo e coco.
Estes produtos non contén colorantes artificiais, perfumes, amonios cuaternarios, cloro, co cal a súa fórmula ten un baixa peligrosidad na súa utilidade, sendo seguros para as persoas e para o medio ambiente.
Durante 30 anos desenvolveron un plan de calidade e unha aposta por
I +D+ E, implantando as certificaciones de Calidade ISO 9001 e un compromiso co medio ambiente ISO-14001.
Visitamos as instalacións das oficinas, almacén e taller.

DARLIM CARLIM

Share this Post