Visita de estudo: Centro penitenciario de A Lama

/ Abril 3, 2015/ Noticias

Os propios alumnos de 2º de Xestón Administrativa foron os que se puxeron en contacto coa subdirección de Instituciones Penitenciarias e organizaron a visita.

visita-estudioO pasado día 19 de marzo, un grupo de alumnos do Centro xunto coa directora, Mª Antonia Mateos, visitaron o Centro Penitenciario de A Lama, toda unha sorpresa na visita, pola organización dos internos, as actividades, as posibilidades de formación que teñen os programas de seguemento de reinserción, e un longo etc. Aquilo é coma unha cidade coa súa actividade, iso sen que se poida saír do centro sen o permiso que corresponda (e a quen corresponda), non esquezamos que despois da vida, o don máis prezado do ser humano é a liberdade e por iso e o que falta nun lugar coma este.

A visita resultou gratificante, tamén pola excelente acollida das persoas que nos atenderon, guiáronos na visita, e nos deron a posibilidade de preguntar cousas que todos tiñamos a curiosidade de coñecer.

Share this Post