Visita de ASDEGAL, ONX de voluntariado

/ Decembro 17, 2017/ Noticias

O luns día 11 visitounos  a asociación ASDEGAL (Acción Solidaria de Galicia), unha ONX de Voluntariado.
Teñen a súa sede en Vigo, aínda que se están expandindo a outros municipios. Levan a cabo programas de atención a persoas que se atopen en situación de necesidade, de soidade, de abandono, enfermidade ou marxinación.

Realizan tamén visitas periódicas a persoas maiores que estean soas e diversas campañas de recollida de material escolar entre outros, andainas para a xente que estea sola e lle apetezca compaña…

Todo aquel que estea interesado pode facerse voluntario só se ten que por en contacto con ASDEGAL.

IMG_20171211_155530 IMG_20171211_155632 IMG_20171211_155656 IMG_20171211_161356 IMG_20171211_161730 IMG_20171211_161743 IMG_20171211_161915 IMG_20171211_163420

Share this Post