Visita á empresa ALUMAN – Arteixo (A Coruña)

/ Febreiro 6, 2016/ Noticias

O día 25 do mes pasado algúns alumnos dos primeiros cursos da rama de Administración e Xestión fixeron un percorrido guiado polas novas instalacións que esta multinacional galega ten na súa sede de Arteixo. Ademais da visita á planta produtiva tivemos ocasión de coñecer máis a fondo outros aspectos empresariais da man de dúas persoas que fixeron de guías.

20160125_124024

Hai que destacar o plan de internacionalización que puxeron en marcha fai 5 anos, sendo hoxe en día un referente no mercado fachadista internacional. Actualmente contan con filiais en Marrocos, Colombia, Panamá, Rusia e, dende principios de ano, tamén en Estados Unidos. Actualmente o 80% dos seus ingresos proceden xa do exterior. O esquema da súa actividade se ramifica en tres grandes áreas de negocio: a actividade residencial, obras e proxectos e, finalmente, a área de equipamento comercial. Como exemplos está a participación en obras como o edificio máis grande de Colombia (Torres Bacatá) ou a ampliación do aeroporto  panameño de Tocumén. Tamén destacar a vinculación a firmas como Inditex ou Hilton.

IMG-20160202-WA000020160125_132007

Share this Post