“Como vai o meu país?” comenzan as sesión de “finanzas para mortais” para dar resposta a preguntas relevantes

/ Outubro 23, 2018/ Noticias

Na programación do aprendizaxe dos alumnos dos ciclos formativos na EFA A Cancela tentamos ofrecer sesións que lles axuden a contextualizar e ter unha visión xeral da realidade na que vanse desenvolver como profesionais.

Neste senso, dentro do calendario do programa Eduemprende, pensado para fomentar o emprendimento e a iniciativa persoal do noso alumnado, temos invitado a participar ós creadores da iniciativa “Finanzas para mortais”.

¿Qué é iso? Leo Harlem explícanolo nun minuto escaso:

Neste contexto, o pasado xoves o alumnado de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas tivo a oportunidade de escoitar a Carlos Bispo, do Banco Santander, poñente encargado de facer a análise dos principais indicadores da economía dun país (PIB, desemprego, débeda, inflación).

Na clase non faltaron as referencias ás implicacións deses indicadores na vida diaria da xente e na operativa empresarial. O poñente non olvidou comentar algunhas noticias de actualidade que teñen especial influencia na economía, e invitou ós alumnos a seguir diariamente a información.

Carlos Bispo, do Banco de Santander, foi o ponente

O vindeiro xoves se celebrará a segunda sesión: 

 

Share this Post