Unha viaxe con moito fruto: do aula á empresa desde o primeiro trimestre do ciclo

Os alumnos de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa acaban de volver da súa estancia de unha semana en diferentes empresas colaboradoras que reciben cada ano ós estudantes de A Cancela.
Son alumnos que empezaron o curso en outubro pero que, grazas a noso proxecto Empresa-Aula xa tiveron a oportunidade de estar nunha desas empresas durante 5 días laborais cada trimestre, polo que desde o principio van coñecendo a realidade das empresas e os desempeños da súa futura labor. Así poden saber axiña cara a onde lles gustaría orientar as súas prácticas no próximo curso: xestoría, asesorías, concellos, aseguradoras…
Á volta á EFA fixeron a exposición do seu traballo ante os seus compañeiros e profesoras, resumindo o aprendido e desenrolado nestes días, e o balance foi realmente positivo.
Grazas ás empresas colaboradoras, unha realidade imprescindible que fai mais grande á EFA e os seus alumnos, e multiplica a empregabilidade dos ciclos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *