Un equipo de mestres panadeiros alemáns visita estes días A Cancela

O equipo de expertos que nestos días están coñecendo a tarefa desenvolvida na EFA está formado por tres mestres artesans panadeiros, un mestre pastelero e un experto en cata organoléptica de pan.

E visitan A Cancela para coñecer os métodos de elaboración con alta hidratación propios dos pans galegos, así coma varias elaboracións de bollería tradicional galega, entre outras, a larpeira.

Durante a estadia no obrador da escola os expertos explicaron aos  alumnos de Panadería como é a FP en Alemania e a figura profesional de catador de pans, un dato que xerou gran espectación entre os nosos alumnos pola peculiaridade de tal oficio.

En definitiva: unha oportunidade máis para internacionalizar a aprendizaxe polo que sempre apostamos en A Cancela, e que tennos dado grandes ledicias en termos de emprego e emprendimento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *