Un curso para aprender a facer e comercializar xeados naturáis e de sabores moi nosos

/ Xuño 26, 2019/ Noticias

Da man de Judit Comes, integrante do equipo de xeadería de España na copa do mundo do 2016, a iniciación á creación de xeados tivo hoxe o seu lugar en A Cancela.

As instalacións da EFA A Cancela acolleron o curso, que contou cun aforo limitado polas súas características teórico-prácticas.

O  curso, dirixido particulamente tanto ás pastelerías como aos restaurantes que pretendan elaborar os seus propios xeados, mostrou cómo utilizando as técnicas máis avanzadas, e sen renunciar os métodos artesáns, garántese un traballo de moi alta calidade e que non perde de vista a rentabilidade do negocio.

O  xeado ten hoxe un lugar propio e unha gran aceptación na gastronomía, xa que a procura dos clientes pasa por ofertarlles produtos lixeiros, onde o sabor sorprenda.

Xusto ésa é a clave que hoxe buscan os profesionais, empregando os coñecementos técnicos para lograr combinación de gustos, partindo un produto natural: leite fresca, combinación de froitas, aromáticas, licores, chocolate, froitos secos e, para os máis atrevidos, combinacións salgadas.

É asi normal atopar hoxe nas cartas de xeados sabores e combinación como limón/romero, paixón/mango, clásicos como mantecado/vainilla, e infinidade de combinacións.

O xeado de Requeixo das Neves, un dos sabores por descubrir

No curso adicouse un lugar especial ó traballo con produtos de proximidade, entre outros, unha deliciosa combinación de xeado de Requeixo das Neves con redución de tinto Rubios e neste caso acompañado de amarenas. Un homenaxe en toda regra os paladares máis atrevidos!

Para facerse eco deste interesante curso, a EFA A Cancela recibiu a visita dun equipo de xornalistas de A Revista da TVG encargados de reportear a actividade durante toda a xornada da mañá.

Podes ver as tres conexións que fixeron durante a maña neste enlace.

 

Share this Post