Tres alumnos de Panadería aprenden en Bolonia cunha beca Galeuropa

Como se pode ler na web da ConselleríaGaleuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e  Iniciativa de Emprego Xuvenil. O seu obxectivo é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais, de cara a lograr unha mellora da formación e adquisición de experiencia para  a inserción laboral.

En resumidas contas: trátase dun xeito de coñecer outros modos de traballar, outras culturas -neste caso tamén gastronómicas- e linguas, e de por en valor a propia formación.

Vantaxes da actividade

Asi, Carlos, Eli e Judit non dubidaron en aproveitar a ocasión e están a facer unha longa estadía en Bolonia xestionada desde a Efa A Cancela.

A experiencia inclúe a aprendizaxe das técnicas que fan dos italianos os mellores xeadeiros e cociñeiros de pasta do mundo. Coñecer as metodoloxías, as ferramentas e os medios técnicos precisos é so un dos alicientes da beca. O de vivir un tempo noutra cultura e coñecer xente e sitios novos é, sen dúbida, outro importante.

Sorte, rapaces!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *