TRAINING EN EMPRESAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

/ Maio 6, 2016/ Noticias

Neste trimestre, do 25-29 de abril e do 2-6 de maio, os primeiros cursos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e do Ciclo Medio de Xestión Administrativa estarán unha semana nas empresas para que vexan na práctica a profesión que elexiron , facendo algunhas das súas tarefas, o tema que lles toca é “A atención ó cliente” para o Ciclo Superior e para Ciclo Medio é “RRHH, aprovisionamento e servizos loxísticos”

872d5c23-422e-420e-ae7f-0e392181ea1e

Os alumnos, van rotando ó longo dos tres trimestres en empresas diferentes, neste, estiveron en empresas privadas do sector  servizos, entre as que se atopan entre outras as seguintes: Seguros Mapfre, Maquinaria Lano, S.L., Electricidad Bimca,S.L., Granichán, S.L., Covelo Riegos, S.L., Bodegas As Laxas, S.A.; e en organismos públicos como o Concello de Salceda de Caselas, Concello de As Neves, Concello de Ponteareas, Concello de A Cañiza.

 

O obxectivo deste proxecto é ter unha primeria toma de contacto coas empresas para que nun futuro lles sirva para insertarse no mercado laboral.

 

Share this Post