Todos somos iguais, con capacidades diferentes

/ Marzo 5, 2018/ Noticias

A integración de nenos con necesidades especiais nos distintos niveis e modalidades da educación común debe abordarse desde varias perspectivas, non só referente ao sistema educativo senón tamén desde o punto de vista social.

Este principio de normalización implica á súa vez o principio de individualización, polo cal a atención educativa dos alumnos axústase ás características e singularidades de cada un deles.

Borja Gómez Méndez, irmá de Alicia  Gómez, unha das nosas alumnas e sobriño de Mª Paz Méndez, profesora da nosa Escola, é un grande exemplo de integración e superación.

Recentemente ven de ser convocado para o Campionato de España de Natación para persoas con discapacidade intelectual representando ao Clube Darlin Chapela. Será en Cádiz entre os días 8 e 11 de marzo.

Natural de Ponteareas, de 15 anos de idade pertence á unha gran familia, moi unida. Gracias á constancia dos seus pais, Ricardo e Montse, empeceu no Club Cilcista desde os 8 anos superando todos os seus medos infantís.

Este pontearán demostrou unha vez máis que na vida só existen as barreras que un mesmo se impoña.  Ten Síndrome de Down, pero iso non lle impide soñar e triunfar como un deportista máis.

Baixo a bandeira da selección galega de Ciclocross disputou o campionato de Esapaña en Legazpi chegando á meta, pero xa participou en outros coma o de Ferrol ou Pontevedra.

É membro da Asociación Discamino coa que participou recentemente en tarefas de colaboración da Volta a España.

O deporte e a superación van sempre unidos. Pero tamén en tódolos ámbitos da vida, algo do que estamos moi concienciados na Efa A Cancela. Todo se pode conseguir con empeño e dedicación.

Borja, es todo un exemplo de superación!

Enlaces web de Borja Gómez Méndez:

https://www.sport.es/labolsadelcorredor/borja-gomez-ciclista-sindrome-down-leccion/

http://www.farodevigo.es/deportes/2018/01/13/borja-gomez-rompe-barrera/1819164.html

http://www.elperiodico.com/es/deportes/20180115/borja-gomez-el-ciclista-con-sindrome-de-down-que-rompe-barreras-6552866

Share this Post