A directora da EFA A Cancela, no I Encontro Empresarial das mulleres empresarias de Galicia

Image

O Balneario de Mondariz foi o escenario hai uns días do I Encontro Empresarial organizado por Empresarias Galicia coa colaboración do GDR Condado Paradanta. O obxectivo da xuntanza era tratar da dinamización social e económica da comarca, apoiando neste caso concretamente ao emprendimiento feminino e a empregabilidade das mulleres.

Ó xantar e a posta en común das iniciativas propostas asistiron arredor  dunha treintena de empresarias de sectores clave na zona; entre elas, en representación da EFA A Cancela, a directora do centro, Lara Fernández.

Na sesión falaron tamen dos novos retos que se presentan ás mulleres, a partir do relatorio “Reinventarse profesional e personalmente. Unha aposta de futuro?” proposto pola organización do encontro.

Unha oportunidade de por en común as preocupacións, ilusións e proxectos das mulleres que traballan en favor do desenvolvemento rural nesta comarca.