ROQUE, ALUMNO DA EFA, FINALISTA CONCURSO CONSERVAS FRINSA

/ Maio 5, 2018/ Noticias

Roque Álvarez González, alumno de 1º de CM  de Panadaría, Repostería e Confeitería da EFA A CANCELA, en As Neves, entre os 4 finalistas que irán á final a Madrid a competir polo 1º premio do Concurso “Talentos en Conserva organizado por Frinsa na categoría profesional (para escolas de Hostelería)!

A súa receita “Ramen de Zamburiñas” foi elexida como unha das 4 mellores entre centos de receitas presentadas polas escolas de Formación profesional de toda España, das que 14 foron presentadas por alumnos da nosa escola obtendo todas un moi bo resultado.

Roque foi elexido como finalista por un estricto xurado formado por:

Pepe Solla – xefe de cociña e propietario en Casa Solla. Galardoado con 1 Estrela Michelin e 3 Soles Repsol.

A él súmanse Samy Alí, chef de Candela Restó, restaurante cunha estrela Michelin; Alexandra Ansón, asesora gastronómica e Xavier Sánchez, periodista gastronómico (Shopping & Style, Vanity Fair, Cocinatis, Gastronomistas).

Entrevistamos ao noso alumno e preguntámoslle cal foi a súa inspiración para crear esta receita:

“O motivo foi a raíz da inspiración dun Obradoiro xaponés celebrado na miña escola, EFA A CANCELA. Unha alumna xaponesa que estaba de Erasmus na escola explicounos cómo facer o Ramen, unha famosa sopa local que contén “miso”e algas “kombu” que casan á perfección coas zamburiñas, sendo así unha fusión dunha receita tradicional galega (en salsa de vieira) e a sopa Ramen que tanto representa a cocina asiática onde predomina o sabor do mar”.

Roque está moi orgulloso de ser uns dos 4 seleccionados entre centos de receitas e moi ilusionado, xa que o próximo mércores día 9 ás 12:30 en Madrid, no salón de IFEMA, cociñará en directo a súa receita antes miles de persoas asistentes a Feria Gourmet.

Si resulta o gañador podrá disfrutar dun stage de 1 mes en Casa Solla, o prestixioso restaurante de Pepe Solla ademáis dun premio económico de 500€.

O segundo clasificado gozará dunha comida ou cea na casa Solla para dúas persoas, ademais dun completo lote de produtos Frinsa.

O terceiro e cuarto Premio clasificado recibirán un completo lote de produtos Frinsa.

Podedes ver a receita no seguinte enlace: http://www.talentosenconserva.com/recetas_profesional/ver/250

Moita sorte Roque!!!

Share this Post