Romería da Efa á Franqueira

/ Xuño 15, 2017/ Noticias

O xoves día 15 de xuño os alumnos e as profesoras fixemos a nosa particular Romería á Franqueira onde D. Xavier oficiou unha Misa para nós.  Un gran día de convivencia! 

IMG-20170615-WA0009 IMG-20170615-WA0011 IMG-20170615-WA0002 IMG-20170615-WA0003
A primeira Romaría en honra á Virxe da Franqueira da Cañiza, é unha festa de primavera que se celebra o luns de Pascua do Espírito Santo, onde se recitan tenras e sinxelas cancións medievais e admíranse os cerimoniosos pasos dunha liturxia popular. O día da Romaría, todas as imaxes son levadas ao Santuario para visitar á súa anfitrioa (imaxe que se remonta ao século Vll). A romaría comeza a primeiras horas da mañá. Os devotos chegados na súa maioría desde os Concellos limítrofes como Covelo, Mondariz e Mondariz-Balneario, así como desde outros puntos de Galicia, reúnense nas igrexas para acudir desde as mesmas ata o Santuario da Franqueira.
A romaría das Pascuillas da Franqueira reune cada ano a máis de 60 imaxes e miles de devotos no Santuario dá Franqueira. Procedentes de numerosas parroquias da comarca, peregrinan a pié durante a madrugada para venerar á Raíña dá Fonte.

Un dos momentos máis emotivos do día prodúcese durante as “cortesías” ou “reverencias”; onde os mozos da parroquia sosteñen o pendón, o estandarte, a cruz da parroquia e a sacra imaxe da Virxe do Rosario e van dando a benvida a cada procesión que entra no recinto do santuario. O rito de benvida é ancestral.

Cada ano unha parroquia visitante fai as ofrendas á Virxe da Franqueira, que adoitan consistir en produtos típicos da localidade.
Máis info: 
Share this Post