Proxectos fin de curso do alumnado

/ Xuño 24, 2018/ Noticias

O pasado día 21 de xuño os nosos alumnos presentaron os seus proxectos de fin de Ciclo ante un tribunal formado polas profesoras que lles impartiron clase durante estes 2 cursos, D. Manuel Montenegro, membro do Círculo de Valor Senior do Círculo de Empresarios de Galicia, a presidenta de Asociación Efa A Cancela e a Directora da Escola, Lara Fernández.

Os alumnos fixeron unha presentación brillante tanto dos seus proxectos de emprendemento como das empresas onde fixeron a súa FCT.
Desde unha granxa de caracois, hasta un centro de día para os nenos e os avós de maneira conxunta, ou empresas de mantemento de ordenadores e de máquinas en xeral foron algunhas das brillantes ideas dos nosos alumnos para o emprendemento.
O cooperativismo e a colaboración entre diferentes tipos de empresas para ter máis éxito de cara a un público obxetivo foron conclusións ás que en xeral chegaron todos os alumnos, así como a importancia de facer un estudo de mercado e a viabilidade das empresas segundo a demanda e a competencia á que se teñen que enfrentar. A innovación como factor primordial para emprender foi o máis destacado nas súas análises.
Share this Post