Primeira toma de contacto coas empresas

/ Decembro 16, 2017/ Noticias

No mes de novembro os alumnos dos primeiros cursos, tanto da rama de Administración como  de Panadería e Repostería estiveron unha semana en empresas, é o primeiro encontro xa que estarán unha semana por trimestre.

O obxectivo básico que se pretende conseguir é que o alumno/a coñeza máis de cerca a profesión que escolleron para poder insertarse no mundo laboral.
As empresas son da zona de Salvaterra, Salceda, Tui, Mondariz, Porriño, Ponteareas, As Neves, Vigo… destacamos entre outras: Bodegas Viña Nora, Seguros Mapfre, Concello de Salceda, Seguros Catalana Occidente, Montalgrua, Concello de Ponteareas, Asesoría Viñas & Brea, AXESPA, Talleres Novo Agro, Talleres As Neves, Electricidad Bimca; na rama de panadería e repostería: El Molino, Supán, A Fogaza, La Madrileña, Daniel Pampín, Arantei…
Share this Post