PRÁCTICAS DOS ALUMN@S DA RAMA ADMINISTRATIVA EN EMPRESAS

/ Abril 28, 2016/ Noticias

O Ciclo Superior de Administración e Finanzas e o Ciclo Medio de Xestión Administrativa están dende abril ata finais de xuño facendo as prácticas en empresas  da zona con unha xornada de 8 horas diarias.

Están realizando tarefas, orientadas e supervisadas polo titor da empresa, en distintos departamentos como pode ser o contable-financeiro, o de Recursos humanos, o comercial … e así contribúe a completar as competencias e os obxectivos xerais destes títulos que se conseguiron no centro educativo; ou a desenvolver actividades de difícil realización no Centro.

Agradecemos a colaboración das empresas por ser activas na formación do alumnado. A relación de empresas que acolleron aos alumnos neste período son as seguintes:

 

  • Financeiras:

-Abanca Corporación Bancaria, SA

  • Automoción:

-Viza Automoción, SA

-Gestamp, SA

  • Asesorías/Xestorías:

-Asesores do Baixo Miño, SL

-Asesoría Viñas & Brea

-Asergalicia, S.L.

-Xestoría Represas

  • Outros servizos:

-Mascato, SLU

-Darlim, SL

– Ledisson Automation&IT, S.L.

-Inserimos, S.L.

-Don Disfraz de Galicia , S.L

-Seguros Allianz

-Seguros Catalana Occidente

-Balneario de Mondariz

 

 

Share this Post