Por qué estudar inglés?

/ Xuño 15, 2016/ Noticias

girl-954377_1920

 

Por qué estudar inglés? Cada cal podería responder a esta pregunta dunha forma totalmente diferente. Pero todas as respostas que puideramos recadar poderían resumirse en seis. seis respostas que nos abren os ollos ante a importancia de esta lingua para o noso presente e futuro.

6 razóns para estudar inglés:

  1. Para traballar

Sen dúbida e o motivo primordial polo que todos deberiamos aprender inglés. Ábrenos moitas portas no mundo laboral, xa que nos permite acadar unha mellor formación e por tanto un mellor posto de traballo. Saber inglés e imprescindible en empresas de carácter internacional e organismos gobernamentais.

  1. Educación e información

Saber inglés nos permite acceder a unha mellor educación, eliminando a barreira idiomática do noso pais, e podendo formarnos así en calquera lugar do mundo. Isto favorece o enriquecemento dos nosos coñecementos e da nosa experiencia, que nos permitirá alcanzar as nosas metas profesionais e persoais no futuro próximo.

  1. Vacacións

Aprender inglés e o mesmo tempo un medio e un fin para gozar dunhas vacacións no estranxeiro. Por unha parte pódenos servir de escusa pra viaxar e así practicar o idioma, pero tamén para vivir experiencias inesquecibles en calquera lugar do mundo, eliminando case a barreira idiomática.

E unha lingua moi estendida por todo o mundo, sendo idioma oficial en gran cantidade de países, ademais de ser a lingua predilecta para as relacións internacionais entre empresas e institucións.

  1. Enriquecemento cultural

Estudar inglés permítenos coñecer outras culturas, tanto viaxando como a través da rede Internet. Así mesmo poderemos comprender mellor a cultura (literatura, cine, teatro…) británica e americana, sen as perdas orixinadas por traducións e dobraxes.

  1. Superación persoal

Aprender inglés e máis doado do que pensas, e cando te das conta de canto has aprendido, sentirás unha gran satisfacción a medida que vas aumentando o teu nivel e dominio desta lingua.

  1. Saúde

Da mesma forma que un músculo se aclimata a facer sempre as mesmas cousas, ao noso cerebro sucédelle o mesmo. Se sempre facemos o mesmo e pensamos nas mesmas cousas, a nosa mente atrofiase. Adestrar a nosa mente e un dos consellos pra previr enfermidades coma o Alzheimer ou a senilidade. E para adestrar a nosa mente nada mellor que aprender unha nova lingua. Aínda que neste caso valería calquera outro idioma.

 

Share this Post