Vidabliss Mobility

ERASMUS+ CON ALEMAÑA

VidaBliss Mobility foi creada en 2017 co fin de organizar e coordinar estancias de practicas laborais coa bolsa de ERASMUS+ para mozos aprendices e profesionais alemáns.

O obxectivo é proporcionar aos alumnos oportunidades únicas en ampliar os seus horizontes profesionais e persoais en empresas anfitrionas galegas.

A súa fundadora, Ina Blisse, antiga alumna do Centro de Formación Profesional EFA A Cancela, traballa estreitamente coas Cámaras de Artesanía e/ou Comercio de varias zonas de Alemaña, responsables da elección dos futuros bolseiros.

As estancias teñen unha duración entre tres semanas e tres meses. Os aprendices do sector panadería/pastelería participan sempre nun curso inicial da panadería galega na nosa escola, que lles dá non soamente a gran posibilidade de coñecer algunha elaboración típica galega senón tamén de coñecer o centro formativo co seu alumnado e profesorado.

www.erasmus.vidabliss.com