Museo do Pan

MUSEO DO PAN

No noso Museo a historia do pan está ilustrada con materiais explicativos que fan un percorrido polas distintas épocas da historia da humanidade dende o Neolítico á Idade Media.

A isto únense elementos vinculados ao pan como cereais ou apeiros de labranza que fan comprender a historia tan viva do pan.

O horario de visita é de Luns a Venres de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00.

OBRADOIROS PARA RAPACES DE INFANTIL E PRIMARIA

Que mellor maneira de coñecer o pan que pór as mans na masa.

No Centro de Formación Profesional EFA A Cancela organízanse obradoiros de pan para nenos de Educación Infantil e Primaria.

Obxectivos:

No obradoiro do pan temos como finalidade dar a coñecer tanto o oficio como o proceso de elaboración do pan, así como dar a coñecer a importancia deste alimento básico na nosa alimentación, o coñecemento dos ingredientes dos que está composto e, o máis importante, que desfruten coas mans na masa e de tódalas partes do proceso:

Amasado-fermentado-formado-cocción e degustación organoléptica.

Contidos:

Duración: 2 a 3 horas
Acceso: nenos de Educación Infantil e Primaria
Podemos combinar 2 grupos por día pertencentes ao mesmo centro educativo.
Mentres un grupo está no obradoiro o outro visitará a exposición sobre a historia do pan, coa explicación por parte dunha profesora da EFA A Cancela.
Tamén poden dispor do salón de actos para proxectar algunha película, vídeo.. ou facilitamos a opción de xestionar un muíño* da zona para ver o proceso da moenda do millo.
No momento do descanso, estarán os dous grupos xuntos e non será preciso traer da casa merenda, posto que a nosa escola prepara unha cos produtos feitos no ciclo de pastelería.
Ó rematar os nenos levarán para casa os produtos que elaboren.

Reserva:

Pedir información no departamento de Pastelería e Panadería no 986.64.82.50 ou no e-mail acancela@unefa.org
*Preguntar no centro como facer a xestión da visita ó muíño.

Cada grupo contará cun máximo de 25 alumnos por obradoiro e un mínimo de 15 alumnos.  Máximo 2 obradoiros por día.

VISITA AO MUÍÑO

Nesta visita poderase descubrir o encanto que conleva visitar un muíño de auga en activo.

O muíño de auga é unha máquina que emprega a forza da auga para moelo gran.

Este muíño está situado a tan só 2 quilómetros do noso museo, na parroquia de Rubiós, sendo un dos poucos que moe con regularidade.

Horario do obradoiro:

1º grupo (25 alumnos): De 10:00 a 11:00
Descanso: 11:00 a 11:30
2º grupo (25 alumnos): De 11:30 a 12:30

Prezo da actividade:

O prezo por obradoiro Visita Muíño + Obradoiro +Visita Museo + Agasallo Merenda é de 8 euros por persoa.