Galeuropa

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos:

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía e Suecia.

Obxectivos que se pretenden acadar:

  • Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
  • Complementar a competencia profesional e persoal
  • Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
  • Fomentar a autonomía persoal.

Duración das prácticas formativas:

  • Mínimo de 2 meses e máximo 3 meses consecutivos.

Quen pode realizar a mobilidade trasnacional?

  • A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita como beneficiaria no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que teña cumpridos 18 anos. Estes requisitos han de cumprirse o día en que presenten a solicitude de concesión da subvención.
  • Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultaran beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

Requisitos de inscrición no ficheiro do SNIGX:

  • Ter menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
  • Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
  • Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
  • Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.