A Federación conta na actualidade en Galicia con tres centros de promoción rural – EFA (Escolas Familiares Agrarias). Na súa natureza asociativa, agrupa á familias e profesionais do medio rural galego, nun obxetivo común: contribuír á promoción profesional e social do medio rural a través de accións educativas.

Podemos dicir que as EFAs atópanse implicadas na formación do medio rural galego porque…

… pretenden ser os focos de formación para a promoción e o desenvolvemento de amplías zoas.

… son cércanas as dificultades e necesidades dun medio concreto, o rural.

… son centros de pequena dimensión (máximo 150 alumnos)

… buscan impartir a formación de modo persoalizado, preocupándose polo futuro laboral de cada un dos seus alumnos e alumnas.

… se organizan por equipos compactos de formadores que están atentos ás necesidades cambiantes da súa área de actuación e en permanente contacto cos axentes sociais.

… a formación impártese en colaboración coas institucións  e colectivos do entorno (asociacións, axuntamentos, sindicatos, empresarios, entre outros.)

… se configuran como centros residenciais para favorecer a asistencia de pequenos colectivos de areas rurais, evitando largos desprazamentos e ampliando a oferta educativa.

… incorpora unha ensinanza activa, grazas a alternancia cunha formación moi próxima á realidade socio-profesional do entorno, o que facilita a motivación na escola e a inserción laboral e o autoemprego ó rematar os ciclos.

Se queres saber máis visita a páxina web da Federación EFA.