Pepe Solla: UN COCIÑIERO DE CINE

/ Marzo 26, 2018/ Noticias

A súa visita nesta semana Gastrocultural da escola foi unha das mais preciadas polos nosos alumnos, pero non é para menos…porque  detrás desta estrela dos fogóns temos un cociñeiro traballador, constante e perfeccionista que conseguiu evolucionar a casa que lle viu nacer sen perder a maxia que os seus antecesores impregnaron en cada recuncho do restaurante.

Tanto en cada prato como en cada aspecto da vida busca a claridade e a esencia plasmando a súa propia personalidade, na cociña non ten medos e trata de facelo o mellor que sabe para coidar a quen considera os máis importantes dentro do seu establecemento: os comensais,para iso, está convencido de que a clave é traballar e preocuparse de facelo ben.

Polo que un bo prato  ademais de aspecto e sabor ten que ser saudable.

Animou os nosos alumnos para esforzarse en buscar a esencia da boa cociña onde temos a gran sorte de vivir no paraíso da boa materia prima. E esta é a temática, de fondo da película “cociñando no fin do mundo”,na que participou co grupo NOVE, que non é outra cousa que un grupo  de amigos que gozan e viven a paixón da cociña galega.

 Contounos como comezou o Grupo NOVE fai xa uns 12 anos, desde entón non parou de crecer e aumentar, empezaron 9 e agora somos 22.

Gañaron xuntos unha gran repercusión a nivel mundial, xa que en grupo é moito máis doado, xerar sinerxias e posicionar dunha forma máis eficaz o obxectivo común.

Este relatorio foi unha inxección de motivación e ganas para os nosos alumnos que foron conscientes do luxo de contar con este CHEF,contandonos da forma máis humilde e sinxela a necesifdad de ser un bo profesional en todos os campos para poder triunfar nun restaurante, e a gran importancia de formarse e ser coñecedor das materias primas, para poder ofrecer a maior calidade posible.

Pero este relatorio non será a derradeira vez que estará Solla na nosa escola xa que como guinda final, adiantounos que volvería visitarnos pera esta vez entre fogóns….Moitas grazas a Pepe Solla pola súa entrega e colaboración.

Share this Post