Pensando en sacar un título de inglés? En A Cancela estudiamos xa cara as probas de Cambridge University

/ Outubro 25, 2018/ Uncategorized

Nestes días temos leido na prensa sobre a importancia de coñecer idiomas cara á empregabilidade e o éxito profesional, e temos consultada a metodoloxía que emprega Cambridge University para preparar e correxir as probas.

Esta imaxe recolle o día das probas da última convocatoria, en xuño do 2018, das alumnas xunto con Ana, a teacher de inglés.

A estas alturas do curso, cando aínda non entrou o outono de cheo, o alumnado dos ciclos formativos da EFA  A Cancela interesado en coñecer e avaliar o seu nivel de inglés está a traballar xa con este obxectivo. A posibilidade de aproveitar mellor as estancias de Galeuropa ou Erasmus+, e incluso, de atopar un emprego interesante nun país de fala anglosaxona ten moito que ver.  Sorte, e sen desfallecer!

Share this Post