Patricia, no Festival Showrocking de Portamérica

/ Xullo 8, 2018/ Noticias

Patricia Martins, alumna de Panadería e Repostería da nosa escola foi seleccionada para participar no Festival PortAmérica 2018 en Caldas de Reis.
Estivo traballando de preto con grandes chefs como Pepe Solla, Lucía Freitas Rodriguez ou Iñaki Bretal!!
Neste “Showrocking”, xa que é unha mezcla da boa gastronomía galega con música rock, participaron alumnos de escolas de hostelería de toda España.
Nun principio os alumnos recibían una Master Class dos chefs explicándolles as súas elaboracións e a continuación eran os alumnos os que tiñan que facer e explicar os pratos ao público asistente.
Sen dúbida unha experiencia de aprendizaxe sensacional para Patricia que anima a tódolos seus compañeiros a presentarse para anos vindeiros.
Máis información do Festival en http://portamerica.es/

Share this Post