Actividades do Centro

Catas a cegas para axudar ós alumnos a percibir e diferenciar matices

Nesta ocasión, o obxecto da proba foi o queixo, co que tantos postres teñen ideado.
Os alumnos tiveron que facer unha cata a cegas de unha ducia de queixos nacionais e internacionais, algúns deles con Denominación de Orixe, ou Indicación Xeográfica Protexida… Parte da clase dos alumnos de 2° do Ciclo de Panadería e Repostería consistía en ter a oportunidade de comprobar na práctica o significado de retrogusto e persistencia, para descubrir matices novos e unamis.
 

Aprendendo a mellorar a empregabilidade

Isabel Illán Millán, orientadora laboral do CDL de Ponteareas, durante a súa sesión co alumnado da EFA A Cancela. Estivo concretándolles algunas formas de  buscar traballo unha vez que rematen o ciclo, ademais de informarlles das distintas opcións ás que poden acceder, (becas, portales, redes, programas…).

A valoración da actividade foi moi positiva, e de feito teremos unha nova sesión no mes de maio, xa mais práctica, cos alumnos dos primeiros cursos, sobre cómo elaborar o CV, utilizar LinkedIn, etc.

 

Forum gastronómico e Casa grande de Xanceda… dúas citas que pagan a pena

A innovación, a modernidad e a calidade alimentaria déronse cita esta semana no Forum Gastronómico, na Coruña.
Durante 3 días houbo máis de 90 actividades e 150 ponentes mostrando propostas de maridajes, produto ou procedementos en torno ao un eixe temático moi concreto: as cociñas do Atlántico.
Os nosos alumnos visitaron a feira na que había representación tamén das cooperativas agrarias e de produtos tan nosos como o requesón ou o mel das Neves.
Por exemplo, no taller de Guille Moscoso coñeceron pezas como a  larpeira, o cornecho, ou a bola de nata, etc. que demouestra o rica que é a nosa cultura do pan.

Aproveitando a visita a Coruña achegámonos tamén á Casa Grande da Xanceda, unha granja ecolóxica onde fan produtos ecolóxicos (queixo, yogures), ecovisitas para nenos e adultos, etc. e recibíronnos cunha degustación de produtos exquisitos
 
 E para os da rama de administración, a visita tivo moito interés polas ideas de autoempleo, emprendimiento, xestión que van aportando os diferentes actores. Para os de panadería e repostería, polo exemplo e o modelo de tantos bos profesionais que fixeron do seu amor pola gastronomía unha profesión de éxito. Cortes de Muar; Ecocelta Galicia; Orballo; Requeixo As Neves e mel.

 

Nunca é tarde… para aprender e emprender.

Este ano o 8-M, Día da muller, atopounos na EFA A Cancela desenvolvendo unha das actividades para as que naceron propiamente no seu día estas institucións, as Escolas Familiares Agrarias: contribuír a mellorar o nivel educativo, a formación e con iso a sostenibilidad, o futuro das zonas rurales.

Hoxe, o obxectivo segue sendo impulsar entre a poboación rural o acceso ao coñecemento, ás mesmas oportunidades que en calquera outro territorio, utilizando para iso tamén as novas tecnoloxías, as novas ferramentas. Trátase hoxe dun modo de axudar a xerar emprego e autoempleo, de fixar a poboación e -entre os maiores- reivindicar a dignidade e o futuro de elixir o rural. Poñer en valor, como se di agora, a vida rural e as súas vantaxes.


E así, como decíamos, espertámonos este 8-M en pleno curso de informática para mulleres da Asociación de Mulleres Rurais das Neves, que impartimos co programa Digitalizadas de Google. Entre elas, había usuarias que non acenderan un ordenador na vida, pero con toda a ilusión, as ganas e o interese por dar ese salto ao futuro.

E así hoxe, 70 anos despois do nacemento das primeiras Escolas Familiares Agrarias, continuamos a tarefa empoderando ás mulleres do rural -as novas, pero tamén ás non tan novas- con xestos reais: con formación, coñecemento, e novas oportunidades.

Percorrido por unha das empresas punteras da alimentación en Galicia

Os alumnos do Ciclo de Xestión administrativa fixeron unha visita guiada á factoría de Mascato en Vigo.

A empresa é unha das pricipais colaboradoras da EFA A Cancela, destino habitual dos nosos alumnos durante as prácticas, no marco do programa empresa-aula, que nos leva a planificar un tempo de prácticas dende o primeiro trimestre do primer curso.

 

 

 

 

Durante a visita tivemos a sorte de coñecer ó seu director xeral, Julio Lloves e do xerente da empresa en Salvaterra, Gonzalo Rancaño, que tiveron a deferencia de saudarnos e adicarnos o seu tempo.

Os directivos presentaron ós alumnos a empresa, reseñando especialmente o aspecto multinacional da empresa, que conta con sedes en Sudáfrica, Namibia, Chile, Vietnam ou Estados Unidos, entre outros países. 

Ademáis, tivemos o privilexio de ser dos primeiros en probar un dos produtos que están a punto de comercializar en Estados Unidos, compostos de peixe espada ou atún.

Unha actividade de empresa que encantou aos alumnos do ciclo administrativo.