Obradoiros que enseñan a meter as mans na masa e a facer pan con malta de cervexa

/ Outubro 13, 2019/ Noticias

Cheo total non obradorio para nenos “Coas mans na masa” a cargo das expertas maestras da EFA A Cancela Fátima Estévez, e Ina Blisse. No entorno privilexido do parque A Canuda de Salvaterra enseñaron ós rapaces da contorna a amasar, traballar e facer todos os pasos precisos para elaborar un bó pan artesán.

E se os nenos foron os protagonistas do obradoiro do sábado, o domingo 13 foi a oportunidade para os maiores da casa de coñecer todas as posibilidades que ofrece a malta de cerveza como ingredente principal do pan.

O parque da Canuda, en Salvaterra de Miño, foi o escenario de dúas divertidas xornadas de exaltación da cervexa, con motivo da feira de cervexa artesanal galaico-portuguesa. A festa contou con postos de artesanos, ruta de senderismo, food trucks, demostración de produtos bio e sesións de música DJ.

E por riba de todo: os obradoiros, coma estes dirixidos polas profesionais que forman ós alumnos do Ciclo de Panadería, Pastelería e Repostería de A Cancela, que serven pra crear afición pola cociña, polos productos autóctonos e artesanais, e polo manteñemento das tradicións.

Share this Post