Obradoiro e cata de produtos lácteos con Quescrem

/ Xaneiro 16, 2020/ Noticias

Hoxe tivemos a ocasión de participar, cos alumnos do Ciclo dde Panadería e Repostería de A Cancela, dun súper obradoiroorganoléptico con Pedro Ibáñez, do departamento de I+D de “Quescrem”.

A actividade fíxose para dar a coñecer ós mozos que estudian para profesionais da gastronomía a ampla gama de produtos lácteos que se empregan en repostería e as súas particularidades.

Axudado polos ingredientes a base de leite, nata e mazada cos que se elabora o queixo crema de Quescrem, Pedro falou da untuosidad e capacidade emulsionante, da contundencia do sabor lácteo nas diferentes variedades…

Unha deliciosa cata que responde á filosofía da empresa Reyvi e dos seus directivos -representados hoxe na visita á Efa por  Alfonso Magariños-: dar a coñecer o produto e as posibilidades culinarias que ofrece dunha forma dinámica e atractiva ós futuros profesionais do sector.

Ademais, durante a sesión tivemos ocasión de coñecer mais a fondo a historia desta empresa, que sorprende polo éxito cosechado en tan pouco percorrido, pois está situada en 40 paises en tan só 14 anos de vida.
Trátase dun bo exemplo do papel que pode desenvolver o emprendimiento no rural, se vai acompañado de innovación e da aposta polo mellor produto.
A cata de cada un dos produtos e os exemplos do sinfín de posibilidades de aplicación que teñen tanto na pastelería, heladería, cociña ata en panadería sorprenderon gratamente tanto a alumnado como profesorado, que tomaron boa nota das múltiples aplicacións do producto.
Share this Post