Obradoiro de Pastelería Italiana

Nuria, que cursou o CM  de Panadería e Repostería fai só 2 anos, dirixiu hoxe un Obradoiro de Pastelería Italiana.

A iniciativa xurdiu como oportunidade de que os alumnos actuáis do Ciclo coñecesen a experiencia de Erasmus que Nuria viviu recentemente en Italia.

Fixeron un total de 5 elaboracións típicas da rexión de Verona (Italia) que consistiron en:

–          Cannoli Sicilianos.

–          Focaccia ripiena di promoduro, mozzarela e basilico.

–          Pastiera napoletana.

–          Nadalín.

–          Migliaccio.

Un obradoiro dinámico e motivador para os nosos alumnos de primeiro ano do Ciclo que xa ven una grande oportunidade profesional de participar nun Erasmus como a nosa antiga alumna Nuria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *