Obradoiro de pans de todo o mundo

/ Maio 15, 2019/ Noticias

Hoxe o equipo de primeiro de panadería ocupou todo o día en elaborar un obradoiro de panadería moi especial, pois ademais de coñecer as técnicas da nosa panadería artesana actual é importante saber como por todo o mundo prepáranse moitos tipos de pans planos tradicionais.

Moitos deles feitos fanse en planchas ao lume e sen levadura, e son herdanza de receitas milenarias xa que moitos incorporan recheos sabrosos.


Este tipo de pans son moi populares en mercadillos e postos callejeros, onde se serven a modo de comida rápida, ou tamén como acompañamiento de salsas e pratos tradicionais.

Normalmente usan harina de trigo, ás veces combinada coa harina de garavanzos. Moitos son sinxelas tortas de masa sen levadura, que logo se friten ou se cociñan en planchas ata que adquiren a súa especial textura crujiente logrando pans deliciosos, ideais como entrantes ou para acompañar os aperitivos e pratos da cociña oriental.

Neste taller cada alumno realizou un pan distintos, moitos deles clásicos da gastronomía grega e turca, xunto con outros pans da cociña hindú entre eles elaboramos: Pan pita, pan persa de sésamo, papadum de harina garavanzo q acompañamos con hummus de garavanzo e lassi de mango, batbout (pan marroquí), arepas de Colombia acompañado de mollo de Pico paxaro, pan naan, baozi (pan chinés feito ao vapor), etc.

En definitiva unha viaxe cultural que ademais de aplicar e mostrar a técnica empregada en cada elaboración degustamos e coñecemos a historia cosa que sempre alimenta a creatividade e ampla a forma de traballar noutras culturas gastronómicas. Un gran traballo!!

Moitos destes pans consúmense na rúa, en mercadillos ou food trucks

 

 

Os nosos alumnos posan cos diferentes pans que aprenderon a facer hoxe.

 

 

Share this Post