Obradoiro de Pan con alumnos de Erasmus alemanes

/ Abril 24, 2018/ Noticias

Este martes 24 tivemos na Cancela un grupo de estudiantes alemáns que están a realizar as prácticas do programa Erasmus na nosa zona.

Durante o curso formativo, que impartiu unha antiga alumna do centro, Ina Blisse, encargada dos Erasmus alemáns na nosa comarca e en colaboración coa nosa escola, ( VidaBliss Mobility), recibiron uns primeiros coñecementos da panadería/pastelería autóctona galega.
As receitas que realizaron foron mollete de Santiago, variantes de este tipo de pan e larpeira con variante alemán en formato de Bretzel.
A xornada concluiu coa visita ao muíño de Rubiós.

Todos eles recibiron un diploma da EFA A CANCELA que certifica a realización deste Obradoiro.

Share this Post