Obradoiro de Panadería Galega para profesionais panadeiros alemáns

/ Setembro 12, 2017/ Noticias

17_09_12

O próximo martes, 26 de Setembro, a antiga alumna da nosa Escola, Ina Blisse impartirá un Obradoiro de Panadería Galega para profesionais panadeiros alemáns.

Estes profesionais veñen nunha viaxe de estudos de 4 días a Galicia a través do programa Erasmus+, para coñecer o sector panadeiro da zona metropolitana de Vigo en forma de visitas a empresas que poderán albergar futuros aprendices Alemáns durante as súas prácticas.

O programa desta viaxe organizado por Ina Blisse, contará tamén cunha recepción por parte da Cámara de Comercio de Vigo e unha visita á Asociación Provincial de Industriais de Panadería e Pastelería, (ARPOINPPA)  en Vigo.

 

Share this Post