O Showcooking de Pan do Porriño a cargo dos alumnos da EFA, un dos pratos principáis na Feira 2019

/ Xuño 1, 2019/ Noticias

Mise en place das receitas presentadas na Feira.

Os alumnos do Ciclo de Panadería e Reposteria de EFA A Cancela foron hoxe protagonistas dun dos intres mais seguidos polo público asistente ña feira que celebra este gran producto.

Un ano mais, a festa confiou na EFA para facer un recetario no que maridar o pan con infinidade de produtos da nosa contorna.

Entre outras propostas, o menú comezou cunha receita que a nosa alumna Rut chama “Pan Tendido”: tostas deste pan de sutil e sabrosa miga presentadas como se fosen un “tendal” de roupa, no que maridaban con dúas salsas: unha de tomate, redución de cervexa e chocolate e outra de requesón e aceituna negra.

Pan tendido: unha orixinal e lixeira proposta.

A segunda elaboracion presentáronna Ines e Tamara e consistía nunha homenaxe á pedra de Porriño. Elas reinterpretaron o granito rosa en forma de terra feita con migas de pan e frambuesa liofilizada, acompañada dunha cremita de pataca e ajo, unha redución de remolacha, guisantes tenros e un merengue moi colorido de remolacha.
Continuamos co prato que Miguel titulou “pinga non pan”: sabendo da tradición dos callos en Porriño, o estudante de Panadería fixo un lingote tostado de pan acompañado dunha salsa de callos e po de jamón.
Para rematar Camila presentou unha sobremesa que deixou un gran sabor de boca: “sopiñas de burro cansado”. A idea naceu de reintepretar un prato da cultura gastronómica galega que todos nas nosas casas vimos facer aos nosos avós: pan e veu azucarado, que ela combinou cunha mousse de requesón das Neves e chocolate branco, un gelificado de viño tinto Señorío de Louros , un macaron que aportaba textura crujiente e un mirabel do Rosal.

“Sopiñas de burro canso” na versión reconvertida de Camila.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un remate dourado para esta actividade que tanto gozamos alumnos e profesorado que de verdade nos fai crecer en creatividade, posta en escena e a aposta por potenciar o pan de calidade.

E non queremos deixar de agradecer a Acipor, a asociación Pan de panaderos do Porriño e ao concello a oportunidade de gozar desta Festa de Pan  e mostrar a nosa calidade.

O equipo de chefs de A Cancela, na Feira.

Share this Post