O Pan de millo de Maruja

/ Maio 20, 2015/ Noticias

En abril visitounos Maruja, unha veciña de Angoares que fai pan de millo como se facía tradicionalmente dende fai anos. Ensinoulle a súa aboa, despois a súa nai e agora está ela.

IMG_3116Faino no forno de leña que ten uns 200 anos, é un forno de pedra con porta de ferro, a ela non lle gusta demasiado porque di que mancha moitísimo e que é preciso ir a buscar leña e iso é moi duro.

Mércalle o millo branco a unha veciña, ela móleo na súa casa. O forno tarda unhas dúas horas en aquecer e coce o pan a 240ºC.

Para facer o pan fai un prefermento, que di entre bromas que pode ter hasta 1000 anos. Despois aquece auga pero sen que chegue a ferver (aínda que depende da moenda e tipo de millo), nun pouco desta auga disolve o sal (bota a ollo), separa a fariña de millo.

Cando a auga está quente, engádella á fariña (tamén a ollo) e remove coa pá, incorpora un maínzo de fariña de centeo (botoulle centeo a poucos porque a auga non estaba fervendo, se non, non se podería botar porque queimaríase o centeo) e amasa. Engádelle o prefermento. Segue amasando e amasando de abaixo cara arriba, envolvendo a masa sobre ela mesma e facendo forza ó presionar cara abaixo. Déixaa descansar unhas dúas horas.

Forma unha bola na pala enfariñada e a esa bola reparte bastante fariña sobre ela e métea no forno.  Tamén nos explicou que ó cocer o pan pódense colocar debaixo do pan follas de Castiñeiro e así apórtaselle moitísimo mais sabor ó pan.

Ela fai o pan o fin de semana porque o vende en Ponteareas o sábado e en Mondariz o domingo. Antes, cando ia ás festas a Salvaterra, facía 400 bolas de 12-15 kg cada unha, a día de hoxe xa non o fai. Tamén vende para algún restaurante. O prezo do pan la feira está entre 2 e 2,5 €/kg.

É unha persoa moi especial, que aínda que se sentira un pouco intimidada por nós, fíxonos pasar un rato moi agradable e con moitas risas, ademais de ensinarnos a elaborar o pan. Creo que non volveremos a ter resta oportunidade nunca mais nas nosas vidas.

Share this Post