NOTICIAS: Xestión administrativa, un ciclo para traballar en calquera empresa

/ Maio 13, 2016/ Noticias

Nunca é doado decantarse pola profesión a escoller para o noso futuro. Se lle preguntas a calquera do noso entorno cómo escolleron a súa profesión, sorprenderíache o feito de que a maioría non tiña claro o que estudar, nin sequera que tipo de profesional aspiraba a ser. Esta gran maioría seguramente se decidiu tan só un par de meses antes de comezar a cursar a súa formación, en moitos deles incluso se deron conta que nin sequera era a profesión que lles gustaba.study-921885_1920

Por que escoller un ciclo de administrativo?

Os ciclos de administrativo son ciclos profesionais moi versátiles que preparan ao alumno para poder traballar en calquera empresa ou institución. Pero e moito mais que un ciclo “comodín” para aqueles que non se deciden por unha profesión. Estes ciclos poden permitir a un alumno comprender o funcionamento interno dunha empresa, analizar os procesos que a compoñen permitíndolle descubrir fallas ou puntos febles que mellorar, para así acadar un maior rendemento do negocio.

Como te comentabamos, a versatilidade de este ciclo, convérteo nun dos que teñen mais saídas profesionais, dado que nos permiten acceder a un bo número de postos de emprego.

Qué vantaxes nos ofrece un ciclo de administración?

As vantaxes que proporciona ao alumno cursar un ciclo de formación son moitas, pero compre destacar as seguintes:

  • Son ciclos de un par de anos que converten ao alumno nun profesional con experiencia preparado para incorporación inmediata a un posto de emprego.
  • Dada a versatilidade dos coñecementos recibidos, é unha profesión con presente e futuro, xa que che permitirá traballar en diferentes departamentos dunha mesma empresa.
  • Cos coñecementos obtidos, podes crear e xestionar con eficiencia o teu propio negocio.
  • Aprenderás como funciona a parte económica dunha empresa, pero tamén como realizar unha xestión eficiente do persoal e dos recursos da mesma.
  • Permíteche acceder a un amplo abano de saídas profesionais, dende un posto como auxiliar administrativo ata un posto na administración pública.

Sen dubida, cursar un ciclo de administración e finanzas e unha moi boa opción para abrirse camiño no mundo laboral. Se aínda tes dúbidas de cal pode ser a túa profesión, esta e unha boa alternativa.

Queres estudar un Ciclo Medio de Xestión Administrativa?

Neste ciclo fórmanse ós alumnos coma profesionais, que exercerána súa actividade en grandes, medianas e pequenas empresas, independentemente do seu sector de actividade e particularmente no sector servizos e nas Administracións Públicas.

solicita

 

Share this Post