NOTICIAS: Por que estudar FP de Administración e Finanzas

Os ciclos de formación profesional demostran con cada nova promoción que son a mellor opción para incorporarse ao mundo laboral. Os ciclos medio e superior de administración non son unha excepción.

Students_in_a_computer_lab

Os estudantes que completan estes ciclos, adquiren as capacidades necesarias para controlar os cartos, xa sexa dun particular, dunha empresa ou mesmo do estado nas institucións públicas. Pero as súas capacidades abarcan a xestión en xeral e a organización e administración dos recursos dispoñibles.

En que sectores pode traballar un administrativo?

Un alumno, tras rematar o ciclo superior pode incorporarse en practicamente calquera sector, entre outras saídas profesionais, o alumno poderá traballar como administrativo de oficina, xestor de persoal, contable, responsable de tesourería, administrativo de banca e institucións financeiras, responsable de medios de pago, administrativo de administracións públicas, axente comercial de seguros e bancos e institucións financeiras, así como na xestión, control e asesoramento da empresa.

Estes son algúns exemplos das saídas que ofrece a formación profesional en administración e finanzas

A quen vai dirixido esta profesión?

Os alumnos que mellor partido sacan de esta profesión, son aqueles que contan con un capacidade dedutiva e con curiosidade por analizar negocios, para poder trazar a estratexias necesarias para resolver distintos tipos de situacións e lograr unha maior vantaxe económica para o negocio. E un ciclo para todo aquel que queira mellorar as súas capacidades matemáticas e de visión de negocio para aplicalo no día a día e así acadar un mellor valor comercial de produtos e servizos.

 

Queres estudar un Ciclo Superior de Administración e Finanzas?

O Ciclo Superior de Administración e Finanzas, permitirache coñecer e comprender a organización e as características das administracións e a xestión en xeral. Poderás organizar e administrar a xestión de persoal, operacións financeiras e económicas, así como participar en múltiples ámbitos da empresa na que comeces a traballar.

banner-admon

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *