Non todo vai ser falar do pan… na semana gastro tamén aprenderemos a emprender

/ Xaneiro 31, 2019/ Noticias

Xa temos rematado o programa “paralelo” ás sesións gastro da semana gastrocultural da Efa A Cancela 2019.

Se no eido da gastronomía presumiamos de ter ponentes de primeira categoría, na programación administrativa non imos ser menos.

Temos prevista unha serie de obradoiros e sesións teórico-prácticas, mesas redondas e actividades para axudar ós nosos alumnos e a todos aqueles que queran vir a formarse estes días con nos a emprender con garantías e ter éxito nas súas iniciativas.

Non perdas a ocasión de encauza-lo teu futuro: ven a falar de emprendemento con nos.


Share this Post