NADAL 2014

/ Decembro 19, 2014/ Noticias

 

Achéganse unhas datas importantes que nos dan a oportunidade de pensar nos demais. No noso centro educativo, onde o que corresponde é educar e formar a todos os niveis, non podía faltar a educación na xenerosidade, na solidariedade, na colaboración cos que máis o necesitan, por iso durante todo este mes de decembro os nosos alumnos desenvolveron distintas actividades encamiñadas a espertar a súa conciencia nestes temas tan necesario nos tempos que corren:

 

NADAL 2014

Campaña de recollida de alimentos e xoguetes: preparáronse unhas caixas grandes onde os alumnos e profesores foron depositando durante todo o mes de decembro alimentos e xoguetes e fixéronos chegar á concellaría de Asuntos sociais para ser repartidos entre os nenos máis necesitados.

FESTA DE FAMILIAS

Durante o día de onte, 18 de decembro, celebrouse a tradicional festa de familias.

A directora, Mª Antonia, quiso trasladarnos unha mensaxe navideña centrada en que aínda que os tempos cambien, os valores sempre permanecen. Visionamos dous vídeos onde quedaba moi ben plasmadas estas mensaxes.

 

A continuación celebrouse o  Concurso de Beléns.

 

Cada un dos grupos de alumnos, elaborou un Belén orixinal e realizado na súa totalidade con materias primas naturais de forma totalmente artesanal, algo que non foi doado pero que foi realizado con moita ilusión por parte dos nosos alumnos, colaboración e traballo en equipo, desenvolvendo estas destrezas tan importantes hoxe en día. O resultado foi sorprendente e os nosos alumnos viron o seu traballo premiado segundo as distintas categorías do concurso: orixinalidade, capacidade de organización, traballo en equipo….

Este foi o magnífico resultado. O Belén gañador foi elixido por un xurado de 3 membros axeno totalmente ó centro. Este ano o premio foi para o curso de 1º de CM de Xestión Administrativa que recibiron unha estupenda Cesta de Nadal.

nadal 2014 013

 

 

nadal 2014 059

 

E Estos son os demáis Beléns todos eles moi ben elaborados, con moita imaxinación; foi unha decisión moi difícil para o xurado elexir o gañador:

2º CM de Xestión Administrativa:

nadal 2014 018

 

1º de CS de Administración e Finanzas:

 

nadal 2014 005

 

 

2º CS de Administración e Finanzas:

nadal 2014 022

 

1º de Panadería e Repostería: Un belen feito de papiroflexia con moito traballo de por medio:

nadal 2014 024

 

2º de Panadería e Repostería

nadal 2014 026

 

nadal 2014 028

 

A continuación celebrouse o Festival de Villancicos. Os cursos de 1º de Xestión Administrativa e 1º de Cs de Administración e Finanzas cantaron uns villancicos en inglés “Deck the Halls” e “Jingle Bell Rock”. A continuación 1º de Panadería e Repostería entonou o tradicional “A marimorena” que recibiu o premio da tarde:

nadal 2014 053

 

nadal 2014 050

 

nadal 2014 051

 

Despois destos momentos entrañables degustamos unha deliciosa merenda de Rosca e Chocolate quente elaborado polos alumnos de Panadería e Repostería.

Bo Nadal e próspero Ano 2015.

Share this Post