MUIÑO DAS GANDRAS, VISITA ORGANIZADA POLA EFA A CANCELA

/ Maio 21, 2015/ Noticias

O mércores 15 de abril tivo lugar unha visita ós muíños situados en Rubios con motivo da semana gastrocultural que organizou a EFA A Cancela na que se realizaron diferentes talleres, charlas e visitas.

DSC_0583 DSC_0569 DSC_0568

A través desta visita puidemos coñecer e acercarnos un pouco más ó tradicional, coñecendo desta forma e experimentando a moenda en directo de cereais en algúns dos muíños desta zona.

O noso guía durante esta visita foi Berlamino, un comuneiro que herdou tras 5 ou 6 xeracións no muíño do Cuña, no que se molen diferentes cereais como trigo, cebada…

Este muíño, en concreto, actualmente, lévano Berlamino e un dos seus irmáns.
No río Juliana hai entre 21 e 33 muíños que contan con aproximadamente uns 20 comuneiros que xestionaban o funcionamento dos muíños por horas (de 6 a 12).
Ó largo da visita puidemos observar muíños en ruínas e 3 dos muíños que están restaurados e que actualmente son os que están en funcionamento: muíño de Cuña, do Luis e das Gandaras.
As partes das que consta un muíño son as seguintes:

  • Presa: É unha construción que se encontra en algúns muíños para levar auga ate o mesmo, xa sexa para un ou para mais.
  • Loada: Camiño que conduce a auga ata o muíño.
  • Canle: É un depósito vertical onde se almacena a auga e na que entra a unha altura determinada e que remata nunha peza especial chamada billote, que é un buraco que se pode abrir ou pechar dende o interior. É o lugar por onde sae a auga que  fai que xire a roda.
  • Inferno: Oco que protexe a roda.
  • Tremiñado: Situado encima do inferno, é onde se realiza a moenda. Divídese en dúas partes: a base e unha grosa pedra de gran que soporta o peso do pé e da mola.
    Roda: É o elemento que pon en movemento a peza de moer. Polo xeral é de
    madeira e ferro, cunha serie de aspas en forma de culler e disposta de forma radial
    chamadas penas. Estas, ó recibir a presión da auga procedente da canle, póñena en
    movemento.
  • Peza de moer: Situada no interior do edificio, componse de varias partes:
    • Moega: Caixa de madeira en forma de pirámide que bota os grans.
    • Quenlla: Regula a caída dos cereais e diríxeos ó centro da mola.
    • Pé: É unha peza de pedra de forma circular, fixa, moi sólida, sobre a que se
      coloca a mola, tamén de pedra, pero de menor tamaño e móbil. Ó xirar
      desfai o gran contra o pé.

A parte moída que fica nos laterais da moenda, é chamado óleo, que se
empregaba para elaborar as papiñas dos nenos pequenos.

Share this Post