A motivación é a chave para ganar o futuro laboral, segundo o coordinador xeral de Ledisson

/ Outubro 7, 2018/ Noticias

Óscar Rodríguez González visitou recentemente a EFA A Cancela e mantivo un encontro co alumnado no que baixo o evocador título de “Motivación” radiografiou o contexto laboral presente e futuro. Falou das posibilidades que nel se agochan dun xeito trasparente e directo, pero tamén cheo de esperanza, e mantivo a atención e o interés dos asistentes, que disfrutaron moito da charla.

Co coordinador xeral de Ledisson acudiu á charla a nosa antigua alumna Nerea Castro, que despois de realizar alí as súas prácticas do Ciclo é a actual Directora de RRHH.

LEDISSON é unha empresa española líder no sector LED de alto rendemento e de Robótica, situada no Porriño. Pioneira na fabricación e comercialización de produtos de iluminación con tecnoloxía LED de uso profesional, e é unha das principais empresas colaboradoras da EFA A Cancela. Acadou unha Mención nos Premios RSE Galicia 2016, categoría pequena empresa, ámbito social.

Baixo o título “Motivación”, Óscar Rodríguez foi quen de conquistar ós asistentes á sesión, que desfrutaron amplamente coas súas palabras, ó tempo que coñecían a súa visión da actualidade empresarial.

Coñecendo ós grandes da nosa era

Comezou facendo una introdución a nosa actualidade no sentido tecnolóxico no que destacaba empresas como Amazon que está a utilizar un algoritmo de intelixencia artificial que da órdenes aos seus empregados de onde recoller a mercancía e por onde deben ir para non camiñar máis do necesario…

Destacaba que con Google o uso do noso ordenador e co móvil estamos controlados polas empresas de tal forma que todas as nosas búsquedas quedan reflexadas e así a continuación nos envían publicidade relacionada.

Intelixencia artificial e novas profesións

Dábanos o escalofriante dato de que en menos de 10 anos o 50% dos postos de traballo desaparecerán en prol das máquinas pero tamén aparecerán outros novas profesións como “Expertos en reputación dixital”, “Big Data”, “Expertos en Ciberseguridad”, “Creadores de contido dixital”…

O directivo de Ledisson sostén que a intelixencia artificial -as máquinas, robots ou autómatas- no ano 2040 serán quen de pensar como un neno de 10 anos e irán avanzando hasta conseguir ser máis intelixentes ca nós.

Pola contra, destacaba que os humanos sempre teremos cualidades que as máquinas non terán e temos que traballar esas cualidades entre as que destacaba a Empatía, o Liderazgo, a Comunicación global ou a Autocrítica.


Unha ponencia moi instructiva e amena que os alumnos valoraron moito, e abriunos horizontes cara ó futuro.

Podedes coñecer mellor a Óscar Rodríguez e a sua actitude empresarial nesta entrevista feita con motivo da nominación de Ledisson ós premios RSE:

Share this Post